Arquivos 05/2007


Graciñas por un respaldo histórico

Dende o BNG de Ribeira queremos agradecerlle a súa confianza ás 3.634 persoas que nos apoiaron e animalos a seguir traballando con nós para facer de Ribeira o concello que todas e todos queremos. Este importante incremento de 619 votos e máis dun 5% respecto das Municipais 03, colócanos no 25,91%, e suporá [...]

Peche de campaña

O vindeiro venres, día 25 maio, 21,00h, mitin de peche de campaña na Casa do Mar de Ribeira. Intervirán:

Luís Teira, candidato número 4.

Ana Álvarez, cadidata número 3.

Xosé Luís Groveiro, candidato número 2.

Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria.

Dominga Brión, candidata a Álcaldía.

Agardamos a vosa presenza.

Polígono Empresarial da Barbanza

Máis información sobre o Polígono Empresarial da Barbanza:
poligonoempresarialbarbanza.pdf

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, ven de licitar a redacción do Proxecto Sectorial e de Urbanización do Parque Empresarial da Barbanza.

O prego foi remitido hoxe ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE), as empresas disporán ata o 13 de [...]

Entrevista na Voz de Galicia

Entrevista na Voz de Galicia:

«Fíxose pouco para que Ribeira mantivera a súa puxanza»

Debate en Telebarbanza

Hoxe tivemos o debate en Tele Barbanza. Acudimos tod@s @s candidatos e candidatas agás o do Partido Popular. Unha vez máis foi incapaz de ir a dar contas e expoñer as súas propostas programáticas. Considero que é un acto de covardía e mesmo de desprezo a cidadanía que non se digne asistir a ningún debate. [...]

Vídeo do BNG de Ribeira

O BNG de Ribeira elaborou un vídeo da nosa candidatura a estas eleccións municipais.

Esperamos que vos guste.

Mitin Central da Campaña na Fieiteria

Onte estivemos na Fieiteira. Nin o día, luns, nin a hora, 20,30 h, foron motivo suficiente para impedir que máis de 450 persoas se achegaran a Fieiteira para arrouparnos no noso mitin central ao que asisteu tamén o Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Ademais, tamen estiveron con nós o alcalde de Boiro, [...]

Vídeos do BNG

Aquí podedes ver o vídeo que o BNG fixo para a campaña das municipais.

E aquí unha versión máis breve do mesmo.

A ver se me vedes nalgún deles

E aquí a voz da rúa en TeleBNG.

Comezo da campaña

Hoxe, venres 11 de maio, iniciouse a campaña electoral das municipais 2007. Como sempre, reunímonos antes na sede e baixamos tod@s xunt@s ata a praza do Concello para iniciar oficialmente alí a “pegada de carteis”.

Depois das fotos e declaracións correspondentes aos médios repartimonos e deixamos o casco urbano de Ribeira [...]

Encontro c@s hostaleir@s

Hoxe estivemos co sector hostaleiro. Acompañados polo Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, reunímonos nos locais da Asociación de Empresarios con un concorrido número de hostaleiros. Informámoslle das nosas propostas en materia de turismo que foron moi ben acollidas.