Arquivos 07/2007


Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo criticou a actitude da Xunta de Galicia de non poñer en marcha un plan de ordenación do parque natural, que considera necesario para coñecer os usos que poden darlle aos diferentes espazos incluídos neste e aos que forman parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC).

Engaden que, facendo caso omiso [...]

Aprobada por unanimidade a nosa moción sobre a EDAR

Onte, día 30 de xullo, a Corporación Municipal de Ribeira aprobou por unanimidade a moción do BNG relativa á EDAR de Ribeira. Esta iniciativa, que recolle as demandas veciñais, comprometémonos a presentala o pasado xoves, día 19 de xullo, na xuntanza organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, na que participamos xunto coas Voceiras do PP [...]

O Pleno do Son rexeita a ampliación da piscifactoría de Seráns

O venres, día 27 de xullo, a Corporación Municipal de Porto do Son rexeitou por unanimidade a ampliación da piscifactoría de Seráns. A preocupación que este tema suscita na cidadanía tamén quedou patente pois unhas cento cincuenta persoas abarrotaron o salón de plenos.

Nova na Voz: O Pleno do Son rexeitou a ampliación da piscifactoría de [...]

Reunión veciñal en Aguiño

A Comisión de veciños de Aguiño celebrou unha reunión veciñal multitudinaria o venres, día 27 de xullo, na que informaron a cidadanía de Aguiño dos inconvintes de contruir unha macro-depuradora en Couso. Na reunión, a que asistiron unhas 200 persoas, tamén se recolleron sinaturas.

Máis información:
Comisión de veciños de Aguiño

ADEGA informa do impacto da ampliación da planta de Seráns

A Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns organizou unha reunión veciñal o xoves, día 26 de xullo, a que acudiron unhas 200 persoas. Nela ADEGA informou do impacto do Plan Galego de Acuicultura.

Nova no Canal das Rías

Reunión veciñal en Aguiño

O BNG vai a asistir a reunión veciñal convocada pola Comisión de Veciñ@s de Aguiño para o vindeiro venres, 27 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa do Mar de Aguiño. Nesta reunión, aberta a toda a cidadanía, á Comisión informará das repercusións que traerá consigo a instalación dunha depuradora das características da que se [...]

Moción en relación coa EDAR de Ribeira

O pasado xoves, día 19 de xullo, na xuntanza celebrada na Casa do Mar de Aguiño en relación coa EDAR de Ribeira, organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, na que participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE, comprometémonos a presentar unha iniciativa coas propostas da Comisión diante do Pleno [...]

As praias de Espiñeirido e Seráns ameazadas

Sobre esta fermosa e paradisíaca praia que vai dende Espiñeirido ata Seráns, ubicada aínda nun entorno virxe, pende unha seria ameaza. O Plan Galego de Acuicultura da Consellería de Pesca pretende colocarlle nun dos seus extremos (ao fondo), no Corgo, unha piscifactoría para a que se fai a reserva de terreo máis [...]

Reunión de Voceir@s coa Comisión Veciñal de Aguiño

O pasado xoves, día 19 de xullo, participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE, nunha xuntanza organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, para expoñer cada quen a súa postura a respecto da EDAR de Ribeira que se pretende ubicar en Aguiño. Á reunión tamén asistiron o Patrón Maior da [...]