Demandamos que se faga valer o acordo plenario
Declaracións da Consellería de Medio Ambiente:
Ribeira verte á ría diariamente 15 millóns de litros de auga sen depurar
O terreo que propón Ribeira para a depuradora está incluído na Rede Natura
Declaracións da Consellería de Medio Ambiente:
Ribeira verte á ría diariamente 15 millóns de litros de auga sen depurar
O terreo que propón Ribeira para a depuradora está incluído na Rede Natura
Sexamos claros: o Concello (PP) meteu a pata canto propón que se faga unha gran depuradora para todo o concello, incluídos os residuos do polígono de Xarás, en Pinisqueira, en Aguiño, a carón de vivendas. A Consellería (PSOE) tamén, porque aceptou esta proposta e fixo un anteproxecto sen presentar alternativas distintas.
A veciñanza de Aguiño non está dacordo con este anteproxecto e deixouno patente.
Antes as importantes mobilizacións feitas, o PP e o Concello vótanlle a culpa á Consellería, e a Consellería devólvelle a pelota ao tellado do Concello. Pero ningunha das dúas administracións con responsabilidade no tema buscan solucións para un grave problema de Ribeira.
Por qué lle custará tanto aos gobernos rectificar cando meten a pata? Rectificar é de sabios, según un dito popular.
Vai sendo hora de que os nosos gobernantes actúen como tales e nos resolvan os problemas en vez de ocasionarnos máis.
¿Quién dijo que fue el concello el que propuso Pinisqueira? ¿No será esta una forma de descargar la responsabilidad de la Consellería de Medio Ambiente? Si lo que decís es cierto no estaría de más poder demostrarlo. Claridad, por favor!!
Para comprobalo non tes máis que pedir a acta da Comisión de Goberno, formada como sabes integramente por concelleiros e concelleiras do PP, de data 9-02-2006. Son públicas. Na mesma indícase que é Pinisqueira o terreo que o Concello se compromete a poñer a dispor da Consellería para o emprazamento da EDAR.
Iso non exime de responsabilidade á Consellería, pero o primeiro responsábel é o Goberno Municipal.
Saúdos.