Adxudicada a redacción do proxecto do PolÃgono da Barbanza
Nova na Voz:
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de urbanización do macropolígono barbancés
Nova na Voz:
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de urbanización do macropolígono barbancés
Parece que Vivenda vai cumprindo os prazos previstos. É necesario este chan industrial para o desenvolvemento económico desta comarca. Coa autovía e este polígono, Ribeira e Barbanza van a experimentar un importante impulso económico. Vai sendo hora!
Estaría ben que se fora pensando en quitar as empresas do medio do pobo. A de Corrubedo, por exemplo, xa fai moito que está aquí de máis. Ese polígono sería unha boa solución para rematar cun problema que lle afecta a moitas persoas.
Ese Parque non o vou ver eu nin cas miñas netas!
Parece que non hai peor cego que o que non quer ver! Por sorte, o tempo pon a cada quen no seu sitio.
Somos moitas as empresas que necesitamos ese chan dende fai tempo. Se non se cumplen os prazos teremos que ir para outro sitio.
Seguramente, M. Ruiz, o terías visto dende fai tempo si o governo do PP o gestionara daquela, pois por falta de tempo non foi, e agora tí encontraste sin él (sin o tempo), será que xa es moi vello…
Pois eu, que teño pensado durar 20 anos mais, creo que o verei e mais disfrutarei del.
Saúdos.
Deixese xa da tanto polígono, señora Brión. Eso non vai adiante, dígollo eu. Que si? Xa o veremos.
Vaia, vaia… non sabía eu que se pudera utilizar este medio para facer gracias, pero se e así para cando coincida chamos a Tamariz e xa tedes o trio .
M.Ruiz e T.Colomer… ¿Por que no te callas?, Perdón: ó cadrado…
Haberá quen o tome a coña, pero o do polígono é o mellor que lle pasou a RIbeira en 20 anos…e non foi cousa do PP. Que non se retarde o mais mínimo porque nos xogamos moitos postos de traballo…e moito mais.
Moitos empresarios están ansiosos por saber datas mais concretas de remate das obras. Xa sabemos que sempre se poden retrasar por calquera razón e que casi nunca se adiantan, pero ¿onde se pode un informar “mais a fondo”? Tamen sería interesante dar precios aproximados por metro cuadrado. Moitos proxectos importantes están agardando.
Somos conscientes da importancia desta infraestructura para o tecido empresarial da comarca, especialmente de Ribeira que leva anos co chan industrial esgotado. Por iso toda a información que hai a respecto deste polígono a estamos poñendo aquí.
Persoalmente tamén me gustaría que todo fora máis rápido, pero hai unha serie de trámites administrativos que levan o seu tempo. Polo que nos teñen dito, tanto a Conselleira de Vivenda e Solo, como o Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, unha vez iniciadas as obras todo vai moito máis rápido.
Para máis información podes poñerte en contacto con nós, enviando un correo electrónico, ou directamente no Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Saúdos