Arquivos 12/2007


25.000 FELICIDADES!!!

2007 remata brindándonos o mellor dos agasallos: a vosa presenza diaria neste espazo web, que se foi incrementando día a día, até chegar xa ás 25.000 visitas, dende a súa posta en funcionamento a mediados do mes de marzo.

Queremos, unha vez máis, agradecervos a todos e a todas a vosa participación, tanto se nos deixades [...]

A Executiva propón a Dominga Brión para o Congreso

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego vén de aprobar, por unanimidade dos presentes, as propostas de listas completas ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Así, de ser aprobada a proposta nas asembleas comarcais e ratificada no Consello Nacional, Dominga Brión ocuparía o cuarto lugar da lista pola circunscrición da Coruña.

A portavoz do BNG [...]

O BNG insta a Educación a mellorar o transporte de Artes

O BNG INSTA A EDUCACIÓN A SEGUIR “PRESIONANDO” Á EMPRESA DE TRANSPORTE DO IES DE COROSO PARA QUE AMPLÍE O SERVIZO PARA OS ALUMNOS DE ARTES

A Consellaría asegura que está a negociar e que as razóns de que non se cumprise o compromiso de mellora no transporte son “de índole empresarial”

A deputada do BNG [...]

Artes pídelle aos Reis Magos o transporte escolar

Nais e pais do alumnado de Artes, nun novo intento por chamar a atención da Consellería de Educación sobre o seu problema, acudiron aos Reis Magos para que lle concedan as súas peticións ó longo do presente curso.

Aproveitaron a presenza do paxe real no auditorio de Ribeira para facerlle entrega dunha carta na [...]

Informe sobre a Cobertura de TDT en Ribeira

O BNG de Ribeira tivo acceso a un informe de RETEGAL, S.A. no que se analiza a cobertura do sinal de TDT nas parroquias de “Artes, Oleiros e Olveira, pertencentes ao Concello de Ribeira. Parroquias situadas na estribación oeste da Serra do Barbanza; zona de difícil orografía, cubertas dende o punto de vista radioeléctrico por [...]

Historia de Carreira

Despois do intenso traballo de investigación que Javier Crugeiras realizou ao longo de catro anos, sae a luz o libro “Historia de Carreira”.

O seu autor recolle en 140 páxinas a historia e a realidade actual da súa parroquia natal.

Máis información:
Historia de Carreira

Solicitamos que se mellore a cobertura da TDT

O Grupo Municipal do BNG, por medio do Concelleiro Xosé Luís Groveiro, presentou unha iniciacitiva pola que solicita que o Goberno Municipal realice un estudo técnico de cobertura da TDT no Concello de Ribeira polo que se determinen as necesidades de equipamentos para proporcionar cobertura a todos os núcleos de poboación do noso concello.

Tamén reclamamos [...]

Bo Nadal e venturoso ano 2008

En nome do BNG de Ribeira e no meu propio, quero felicitarlle o Nadal a todas as persoas que día a día nos agasallan coa súa presenza e coa súa participación neste espazo web. Vaian dende aquí os nosos mellores desexos para o vindeiro ano 2008 a todos e a todas.

Que nestes proxectos de [...]

Xogos para a igualdade

VICEPRESIDENCIA PON EN MARCHA A CAMPAÑA HAI MOITO EN XOGO PARA CONCIENCIAR SOBRE A UTILIDADE DOS XOGUETES NA PROMOCIÓN DA IGUALDADE

ï‚§ A iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade quere fomentar un xuízo crítico fronte á utilización sexista dos enredos

Santiago, 19 de decembro de 2007.- A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia vén de poñer en [...]

Demandamos a separación de pluviais e fecais en Aguiño

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Ánxeles González Cruxeiras, solicitou ao Goberno Municipal que leve a cabo de maneira urxente a separación de pluviais e fecais en varias rúas de Aguiño, nomeadamente nas Rúa Castelao e Carreiro.

Son xa innumerables as ocasións en que diversas rúas de Aguiño sofren problemas de asolagamentos e cheiros [...]