Arquivos 05/2008


Reclamámos un Centro Integrado na Barbanza

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal para que a corporación inte á Consellería de Educación a que no vindeiro curso se poña en marcha un Centro Integrado de Formación Profesional no concello de Ribeira

Os centros integrados de formación profesional concíbense como institucións ao servizo da cidadanía e do sector productivo, que deben [...]

Solicitamos que Urbanismo comprobe o Mirador de Padín

O BNG solicitoulle á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellaría de Política Territorial que comprobe se o Residencial Mirador de Padín se axusta á licencia concedida polo Xunta de Goberno Local acorde co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira, especialmente no tocante a alturas, retranqueos, ocupación e edificabilidade. De non ser así, que [...]

Solicitamos que se complete o saneamento de Artes

O BNG ven de reclamarlle ao Goberno Municipal que proceda á dotación de rede de sumidoiros ós lugares de Viñas e Teixoeira, en Artes, asignando a necesaria partida do orzamento municipal previsto para o ano 2008

Tamén demada que o Goberno Municipal leve a cabo as obras precisas para que todas as vivendas de Goda e [...]

Reclamamos a separación de pluviais e fecais en Aguiño

O BNG reclámalle ao Goberno Municipal que se fagan os trámites necesarios e da maneira máis urxente posible, para que se proceda á separación de pluviais e residuais na parroquia de Aguiño

Son xa innumerables as ocasións en que diversas rúas de Aguiño sofren problemas de asolagamentos e cheiros por mor das choivas. Así, podemos falar [...]

O Polígono da Barbanza conta coa avaliación estratéxica ambiental

Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF

O FUTURO PARQUE EMPRESARIAL DA BARBANZA CONTA CO DOCUMENTO DE AVALIACIÓN ESTRATÉXICA AMBIENTAL

ï‚§ No prazo dun mes a Consellería de Vivenda e Solo someterá a exposición pública o Proxecto sectorial e o Informe de sostenibilidade ambiental (ISA)

O futuro Parque Empresarial da Barbanza, de 1 [...]

Pleno de maio

Na sesión plenaria ordinaria do 26 de maio só se debateron 2 das seis mocións presentadas polo BNG. Como ven sendo habitual, o PP rexeitou todas as nosas iniciativas alegando o tan manido “xa estamos niso”.

A novidade da xornada plenaria de onte foi que o salón de plenos estivo ateigado de veciñas e veciños [...]

Solicitamos o saneamento para Oleiros

O BNG solicita do Goberno do PP que faga as obras necesarias para dotar de saneamento a toda a parroquia de Oleiros

No anteproxecto da Xunta non se recollen as augas residuais de distintos puntos da parroquia como Salmón, Lixó, Os Muiños… Solicitamos que o Goberno municipal faga as alegacións pertinentes ao anteproxecto para dotar de [...]

Balance dun ano de goberno

O PP ten un proxecto esgotado e a súa incapacidade de xestión está hipotecando o presente e o futuro de Ribeira

Dende o BNG traballaremos arreo para que a cidadanía puxante e dinámica de Ribeira conte cos servizos e infraestructuras que necesita e merece

Un ano despois das elección municipais, compre facer balance. Trátase do primeiro ano, [...]

Poñendo en valor o patrimonio etnográfico

O BNG ven de solicitarlle ao goberno do PP que actualice o Inventario Xeral de Bens Inmobles do concello de Ribeira, e que o oficialice mediante a aprobación en Pleno.

Na mesma iniciativa reclamamos que se elabore un Plan de mellora e mantemento do patrimonio etnográfico para evitar o deterioro de fontes, lavadorios, etc.

Tamén demandamos que [...]

Na Galiza, en galego!

A Quintana quedouse pequena para acoller aos milleiros de persoas que se manifestaron polas rúas de Compostela para reclamar o dereito a vivir en galego: na Galiza, en galego!, foi o berro máis coreado.

Nova na Galega:
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago a favor do galego