Arquivos 07/2008


Laxe Brava: Espazo Natural de Interese Local

O BNG ven de presentar unha moción diante do Pleno do Concello pola que lle solicita ao Goberno Municipal que solicite da Consellería de Medio Ambiente a declaración de Espazo Natural de Interese Local para a franxa Costeira do Faro de Corrubedo a Punta Espiñeirido incluíndo o promontorio de Laxe Brava e o seu contorno. [...]

25 de xullo de 2008

Unha ampla representación do BNG de Ribeira, encabezada pola voceira municipal, Dominga Brión, e o grupo municipal practicamente ao completo participou na multitudinaria manifestación nacionalista que percorreu as rúas de Compostela neste 25 de Xullo.

Máis de 25.000 persoas asistiron á manifestación convocada polo BNG con motivo do día da Patria Galega. No [...]

Día da Dorna, festivo local

O BNG presentou unha moción que se debaterá no Pleno do vindeiro luns, día 28, pola que reclama que o concello de Ribeira declare, a partir de 2009 e para sempre, o 24 de Xullo, Día da Dorna, Festivo Local.

A Festa da Dorna é unha festa orixinal e específica do concello de Ribeira que se [...]

Reclamamos a aplicación da Lei da Memoria Histórica

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que solicita que o Goberno de PP do Concello de Ribeira, cumpra a Lei 52/2007, de 26 de decembro de Memoria Histórica e retire: escudos, placas e demais simboloxía franquista.

Tamén reclama que se cambie o nome das rúas que connoten a exaltación do antigo réxime totalitario [...]

Alegación da Corporación ao Plano de Portos Deportivos

A Corporación Municipal do Concello de Ribeira, reunida onte, día 17 de xullo (último día para a presentación de alegacións) en pleno extraordinario e urxente, aprobou por unanimidade presentar unha alegación ao Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia elaborado polo ente público Portos de Galicia, nos seguintes termos:

Primeiro.- Manifestar a súa oposición á [...]

Alegacións ao Plano Director de Portos Deportivos

O BNG de Ribeira ven de presentar alegacións para que se retire do Plan Director de Infraestructuras Náutico–Deportivas a actuación 3.21 referente á ampliación do Clube Náutico de Ribeira substituíndoa, en todo caso, por unha actuación máis racional, sustentábel e acordada con todos os sectores sociais afectados

Ao mesmo tempo durante estes días o BNG [...]

Solicitamos unha liña de transporte ao Vilar

O BNG de Ribeira reclama que o Goberno Municipal dea cumprimento á moción aprobada no Pleno de 26 de febreiro para establecer unha liña de transporte que enlace o núcleo urbano de Ribeira co Vilar por Gude

No Pleno do Concello celebrado o 26 de Febreiro de 2007 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo BNG [...]

Defender e protexer COROSO

A Consellería de Política Territorial, a través do Ente Público Portos de Galiza presenta o “Plan Director de Infraestructuras Náutico- Deportivas”. Desde o pasado 7 de maio, está aberto o prazo para PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS. O Plan Director prevé dúas intervencións no Porto deportivo de Ribeira, unha delas, a 3.21 suporía, de levarse a cabo, [...]

Ampliación Porto Deportivo: SOS Coroso!!

Clica na imaxe para ver a ampliación do muelle deportivo en PDF

O BNG de Ribeira vaia a presentar alegacións para solicitar que se retire do Plan Director de Infraestructuras Náutico Deportivas a actuación 3.21 referente á ampliación do Clube Náutico de Ribeira substituíndoa, en todo caso, por unha actuación máis racional, sustentábel e acordada [...]

Deficiencias na rede de sumidoiros de Artes

O BNG ven de solicitar que o Goberno do PP, en exercicio das súas responsabilidades, ordene ca maior urxencia posible, unha fonda revisión do funcionamento da rede de sumidoiros de Artes, e acometa as actuacións precisas para evitar os problemas de cheiros e filtracións que se producen na actualidade.

A parroquia de Artes conta cunha liña [...]