Arquivos 05/2009


Mitin do BNG na Casa do Mar de Ribeira

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, estará o vindeiro domingo, día 31 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Mar de Ribeira, arroupada polo portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e a voceira municipal do BNG de Ribeira, Dominga Brión.

Demandamos axudas para as familias das vivendas de Xarás

O BNG RECÓRDALLE AO PP QUE A SITUACIÓN DOS PISOS DE XARÁS É CONSECUENCIA DA “IRRESPONSABILIDADE” DOS SEUS GOBERNOS POR TER ADXUDICADO A OBRA A UNHA EMPRESA SEN SOLVENCIA

Ana Pontón insta ao actual goberno a que tome exemplo da anterior consellaría de Vivenda e compense ás familias con axudas polos prexuízos causados pola demora

A deputada [...]

Reclamamos que se depure con todas as garantías

O BNG demanda que a necesaria e urxente depuración das augas residuais se faga con todas as garantías e que se respecte o acordo de mínimos unanimemente acadado por todos os Grupos Municipais no Pleno do 30 de xullo de 2007, que recolle as demandas veciñais

É unha vella demanda do BNG, e para nós algo [...]

Miranda denuncia o “dumping†social que se practica no sector pesqueiro

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou o “dúmping social”* que se practica no sector pesqueiro cos traballadores extracomunitarios. Neste sentido, adiantou que o BNG demandará no Parlamento Europeu que “as axudas públicas aos armadores estean vinculadas á mellora das condicións sociolaborais das tripulacións”.

Ana Miranda reuniuse esta tarde en Santiago [...]

Falla de aparcamentos e caos circulatorio en Ribeira

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que solicita que se habiliten máis espazos de aparcamento próximos ao casco urbano (aparcamentos disuasorios), sinalizándoos debidamente, para atender acaidamente as necesidades da cidadanía

Tamén demanda que se estuden e se indiquen vías alternativas que contribúan a desconxestionar o tráfico do centro urbano e se axilice a construción e [...]

Acto de Galiza Nova en defensa da lingua

O pasado domingo, día 17 de maio, Galiza Nova congregou a un nutrido grupo de persoas no Ateneo Valle Inclán de Ribeira nun acto organizado a prol da lingua galega.

Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro

COMEZA A CENSURA
Esta imaxe de Ramón Piñeiro só estivo 10 minutos no portal de Educación. Mandárona quitar inmediatamente.