Arquivos 06/2009


Novo Consello Comarcal do BNG da Barbanza

Dores Torrado Ares, voceira do Grupo Municipal do BNG e Tenente de Alcalde de Boiro, nova Responsábel Comarcal do BNG da Barbanza

Xosé Luís Groveiro González, concelleiro en Ribeira, Vicerresponsábel Comarcal

A Asemblea Comarcal do BNG da Barbanza, reunida onte en Rianxo escolleu ao novo Consello Comarcal. Dores Torrado Ares foi elixida nova Responsábel Comarcal na asemblea [...]

Reclamamos melloras no CEIP Aguiño

O BNG de Ribeira presentaou unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao goberno do PP de Ribeira que realice as melloras oportunas no pavillón polideportivo de Aguiño de forma inmediata para que se poidan desenvolver con normalidade as actividades que a ANPA está organizando para o verán. Reclama que, mentres non se fai a [...]

Ribeira non solicitou subvencións para apertura de centros escolares

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que solicita que se informe por escrito de cales foron as causas polas que o Goberno do PP de Ribeira non solicitou as subvencións para apertura de centros escolares fóra do horario lectivo

O pasado 12 de febreiro publicouse no DOG a Orde de 5 de febreiro [...]

Reiteramos que se acondicione a Rúa da Amarella

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que demanda que, por parte do Goberno Municipal, se proceda a dotar da pavimentación adecuada á Rúa da Amarella e arredores

Tanto a veciñanza coma o BNG ten denunciado en reiteradas ocasións o precario estado en que se atopa a pavimentación da Rúa da Amarella. O alcalde comprometeuse a [...]

Reclamamos que se recuperen as lousas da Praza da Igrexa

O BNG ven de presentar unha iniciativa pola que lle solicita ao Goberno Municipal que se restauren as lousas de perpiaño orixinais da Praza de Otero Goiáns (Praza da Igrexa) e, unha vez sometidas ao tratamento necesario para devolverlle o aspecto orixinal, volvan a formar parte da paisaxe urbana desta praza

As obras que se están [...]

Demandámolle á Xunta melloras no porto de Aguiño

O BNG ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego pola que lle demanda a Portos de Galiza que acometa as melloras necesarias que precisa o porto de Aguiño

En concreto, a deputada Ana Pontón pregúntalle á Xunta polas necesidades detectadas polo ente público Portos de Galiza e a Consellaría do Mar [...]

O BNG volve ao Parlamento Europeo

O BNG consegue o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda será deputada ano e medio

Nunha loita absolutamente desigual, o BNG presentouse a estas eleccións Europeas co obxectivo de ter presenza no Parlamento Europeo, do que estivo ausente na última lexislatura. A pesar de todas as dificultades coas que nos [...]

Encontro co sector pesqueiro de Ribeira

O BNG reuniuse en Ribeira co sector pesqueiro para darlle traslado do programa co que se presenta ás eleccións Europeas, escoitar as súas demandas e reiterar o compromiso do nacionalismo galego co sector

O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, e a voceira municipal, Dominga Brión, reuníronse na tarde de onte con representantes do sector pesqueiro [...]

Reclamamos a retirada dunha gaiola da Ría da Arousa

O BNG reclama no Parlamento Galego a retirada dunha gaiola de produción de salmón que aínda segue fondeada na ría de Arousa con aproximadamente 50.000 exemplares desta especie

Dende o primeiro momento no que se especulou coa posibilidade de instalar estas gaiolas no polígono de Ribeira C, a carón da Illa de Rúa, o BNG [...]

Solicitamos celadores/as para o Hospital da Barbanza

O BNG interésase no Parlamento Galego pola posición da Consellaría de Sanidade ante as demandas dos traballadores e traballadoras do Hospital da Barbanza de crear a categoría laboral de celador/a

O Decreto 91/2007, de 26 de Abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellaría de [...]