Educación para a cidadanÃa para os concelleiros/as do Goberno de Ribeira
Luís Teira Parada
Concelleiro do BNG de Ribeira
Luís Teira Parada
Concelleiro do BNG de Ribeira
Bueno… a verdade é que o motivo do artigo paréceme algo esaxerado, pero cada quen que se apañe coas súas histerias. O certo é que a praia, logo da festa da Dorna, queda que da peniña, igual que as rúas logo das festas de agosto. Que as festas sexan boas para o pobo a nivel cultural e económico non é óbice para recoñecer que a xente deixa os espazos públicos feitos un desastriño. Case que era mellor buscarlle as cóxegas ao PP riveirense doutro xeito, e non facer, precisamente, o que fai o PP: facer oposición con calquera excusa.
Non é esaxerado cando un representante da cidadanía non se pode expresar no Pleno.
Non é esaxerado cando ese representante é insultado, “mentireiro”, por outra representante no salón de Plenos.
Non é esaxerado que o concello de Ribeira adique recursos humanos (policía, protección civil,..) para velar polo bo desenvolvemento da festa. (Penso nas festas de agosto e na do percebe e visualizo a cantidade de RRHH que mobiliza).
Non é esaxerado dicir que quen diagnostica de “histeria” ao representante da cidadanía, faga a súa análese de opinólogo dende o embigismo tomando 4 chiquitas.
Tomás… a opinoloxía estala a facer ti na barra dunha tascucha tomando un viño de polvos e un pincho de onte. Mira… precisamente por facer este tipo de argumentario como oposición ao PP riveirense é polo que nunca conseguiredes máis concelleiros. Analiza por que… pero adiántoche que a xente é máis intelixente do que pensas para caer na crítica fácil e baladí. En lugar de tanta tontuna, por que non ides á concesión dos parkings, ou a onde se menten os cartos municipais, porque nas rúas evidentemente non… ou por que se delega nunha entidade local as funcións da concellería de cultura… por exemplo.
Vaites… hai censura nesta web? Porque Dominga anunciou esta web como o colmo da democracia e da expresión nun foro virtual… Non pispo…