Arquivos 12/2009


200.000 Felicidades!!

2009 remata incrementando paulatinamente o voso paso por este foro a respecto dos anos anteriores. A vosa presenza diaria neste espazo web foi medrando día a día até chegar ás preto das 200.000 visitas dende a súa posta en funcionamento a mediados do mes de marzo do 2007. Durante este ano o número de visitas [...]

Milleiros de persoas concentraronse en Compostela contra o “Decretazo”

Milleiros de persoas concentráronse na tarde de hoxe na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela contra o borrador de Decreto do galego presentado hoxe pola Xunta de Galiza, convocadas pola plataforma Queremos Galego.

Non faltou á importante cita unha ampla representación do BNG da Barbanza. Entre eles, a Responsábel Comarcal, Dores Torrado, o alcalde de [...]

Reclamamos máis apoio á rede de escolas oficiais de idiomas de Galiza

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que solicita que se inste ao goberno do PP da Xunta de Galiza a que retire a circular 5/2009, por implicar un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas na rede de escolas oficiais, entre elas na de Ribeira, empeorar as condicións de traballo do profesorado e [...]

Solicitamos que se arranxe o alumeado da Praza do Centenario

O BNG, recollendo as queixas da cidadanía, presentou unha iniciativa municipal pola que solicitou o arranxo urxente do alumeado da Praza do Centenario. Tamén reclamou que se coloque algún tipo de decoración ou alumeado de Nadal

A Praza do Centenario de Ribeira é un punto de encontro de numerosas persoas particularmente nenos e nenas xa que [...]

Boas festas e venturoso 2010

En nome do BNG de Ribeira e no meu propio, quero felicitarlle o Nadal a todas as persoas que día a día nos agasallan coa súa presenza e coa súa participación neste espazo web, que por certo, cada vez son máis, mesmo dende distintos puntos de Europa, América e doutros lugares do planeta. Unha felicitación [...]

Concelleiras e concelleiros do BNG de Ribeira abandonan a Sesión Plenaria

O Grupo Municipal do BNG de Ribeira abandona o Pleno en protesta pola forma en que o Goberno do PP tramitou a Relación de Postos de Traballo e por considerar que, aprobada deste xeito, traerá consecuencias negativas para os cidadáns e cidadás de Ribeira

O BNG ten denunciado en moitas ocasións as múltiples irregularidades do [...]

Acto de Galiza Nova sobre vivenda

Teresa Táboas e Dominga Brión participaron no acto sobre vivenda organizado por Galiza Nova ao que non quixeron faltar representantes do BNG de toda á Barbanza.

Coa “vitoria” de Aminatu desconvócase a concentración prevista para hoxe en Ribeira

A vitoria de Aminetu é a razon de que se desconvoque a concentración solidariedaria e pola autodeterminación do Sahara prevista para

Hoxe: venres, 18 de decembro
Lugar: Ribeira (Praza do Concello)
Hora : 19.00h

Dende o BNG congratulámonos polo retorno de Aminetu Haidar ao Sáhara. Ao mesmo tempo, agardamos que a vitoria conseguida supoña un novo impulso no avance [...]

Charla-Coloquio de Galiza Nova no Ateneo: accesibilidade da xente moza á vivenda

Mañá, venres 18 de decembro, ás 20.00 horas, charla-coloquio no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira: Accesibilidade da xente moza á vivenda

Intervirán:

Adrián Romay: Responsábel Comarcal Galiza Nova

Iria Aboi: Secretaria Xeral de Galiza Nova

Dominga Brión: Portavoz Municipal BNG Ribeira

Teresa Táboas: Deputada do BNG no Parlamento Galego e Conselleira de Vivenda e Solo na anterior lexislatura

Concentración solidaria por Aminetu Haidar en Ribeira

Concentración en solidariedade con Aminetu Haidar e pola autodeterminación do Sahara

Dia: venres, 18 de decembro
Lugar: Ribeira (Praza do Concello)
Hora : 19.00h

Aminatou Haidar, loitadora polos dereitos humanos e a autodeterminación do seu pobo, o Sahara Occidental, segue retida e en folga de fame no aeroporto canario de Lanzarote debido á negativa do goberno de Marrocos, que [...]