Arquivos 01/2010


O PP cancelou a construción e posta en marcha do Centro de Saúde Mental da Barbanza

O BNG presentou, no Pleno do pasado luns 25 de xaneiro, unha Moción co obxectivo de instar á Xunta a inmediata construción do Centro de Saúde mental da Barbanza que integraría a Unidade de Atención á Drogodependencias de Ribeira (UAD)

O PP evidenciou a súa falla de interese pola posta en marcha deste importante servizo, [...]

Defendemos o sistema público galego de servizos soiais e apoiamos a manifestación do 30 de xaneiro

Máis de 60 entidades sociais e concellos de Galicia, entre os que se atopan concellos pequenos como: A Bola, Poboa de Brollón; concellos medianos como: Carballiño ou Monforte e Concellos grandes como Vigo ou Vilagarcía, e entidades como os Colexios Profesionais de Psicolog@s e Educador@S Sociais de Galicia e diversas entidades sectoriais [...]

O BNG obriga ao goberno local a poñer data de inauguración da Casa da Xuventude

O BNG tamén conseguiu arrincarlle ao goberno do PP o compromiso de que a súa xestión sería participada polos mozos e mozas

A Casa da Xuventude recibiu unha subvención de Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta, gobernada polo BNG, de 360.000€ e outra do Proder de 500.000€. Ámbalas dúas tiveron que ser prorrogadas en varias ocasións [...]

Reclamamos a mellora das liñas electricas de Oleiros

No Pleno do pasado luns, día 25 de xaneiro, debateuse unha iniciativa do BNG na que se lle reclamaba ao Goberno do PP a realización das xestións oportunas diante da Consellería de Industria para que inste a Unión Fenosa a executar a obra de Carballo-Sobrido por vía de urxencia dado que xa rematou o prazo [...]

Pleno municipal xaneiro 2010

No Pleno Ordinario do Concello de Ribeira do vindeiro luns, día 25 de xaneiro, debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e numerosas solicitudes. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de [...]

Demandamos a posta en funcionamento da Casa de Dona Adela

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que reclama a urxente posta en funcionamento da coñecida popularmente como Casa de Dona Adela, na que o goberno do PP ten anunciado, e mesmo publicitado en folletos, a dotación dun museo.

Tamén solicita información a cerca das causas da tardanza na posta en marcha das nomeadas [...]

Reclamamos en Pleno a dotación de celadores no Hospital da Barbanza

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que demanda que o Pleno da Corporación Municipal de Ribeira inste á Consellería de Sanidade á creación, coa maior urxencia posible, da categoría de Celador no Hospital Comarcal da Barbanza cun número de postos acorde ao tamaño do Cadro de Persoal e á poboación que atende.

A [...]

Interesámonos pola construción da Unidade de Saúde Mental da Barbanza

O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa municipal interesándose polo estado actual do Proxecto de construción da Unidade de Saúde Mental da Barbanza xa que, ao parecer, se acaba de cancelar a adxudicación que no seu día se lle fixo a unha empresa.

Tamén lle solicitou información ao Goberno do PP, a respecto de se a [...]

Demandamos que se mellore a seguridade da cidadanía

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que lle reclama ao goberno municipal que busque unha solución consensuada cos membros da policía local para salvagardar a seguridade da cidadanía.

Tamén demanda que se complete o antes posíbel o organigrama previsto na RPT de 32 membros, concedéndolle prioridade absoluta ao proceso de ir achegándose [...]

Queremos Galego Barbanza informa do horaio de autobuses para o día 21

A Plataforma Queremos Galego da Barbanza fretará un autobús gratuíto para facilitar a todos e todas a participación na manifestación do día 21 de xaneiro, ás 11:30 h na Alameda de Santiago, para paralizar o decretazo contra o galego.

O horario de saída é o seguinte:

Ribeira: 9:30 horas da estación de autobuses.

Pobra: 9:40 horas da Praza [...]