Arquivos 'Iniciativas do Grupo Municipal' Category


Reclamamos a apertura do Centro de Día de Ribeira

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao goberno do PP que informe das xestións realizadas para axilizar a apertura do centro de Alzheimer de Ribeira.

Tamén reclama que o goberno municipal inste á Xunta de Galicia á inmediata apertura do devandito centro.

O Goberno municipal do PP leva atrasando a apertura [...]

Reclamamos melloras no Hospital da Barbanza

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento para interesarse, unha vez máis, por actuacións pendentes no Hospital da Barbanza como a evolución das listas de espera, a dotación de celadores e máis persoal, a posta en funcionamento do heliporto ou a paralización na construción do centro de saúde mental, entre outras.

A mellora [...]

Reclamamos que non se paralice o Polígono da Barbanza

(Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF)

O BNG presentou iniciativas nos concellos da Barbanza e no Parlamento para reclamar que, de forma urxente, o Goberno do PP da Xunta retome o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza para que sexa unha realidade o antes posíbel.

A Consellería de Vivenda e Solo [...]

O BNG interésase no Parlamento polo Centro de Saúde Mental da Barbanza

O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria denunciando a paralización da construción do Centro de Saúde Mental da Barbanza

Tamén presentarán iniciativas municipais nos catro concellos da Barbanza reclamando a inmediata construción deste Centro que integraría a Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD). En Ribeira esta iniciativa xa foi debatida, votando o PP en contra desta [...]

Solicitamos que se regule a limpeza de terreos para evitar riscos e insalubridade

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno do PP que proceda á elaboración dunha ordenanza reguladora da limpeza de terreos e solares en chan urbano e de núcleo rural onde se recollan as medidas preventivas de cara a evitar o risco e a insalubridade destas zonas.

A Constitución Española [...]

Reclamámolle ao goberno do PP que garanta a recepción con calidade da TDT

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno do PP que contrate, por procedemento de urxencia, a unha empresa competente do sector das telecomunicacións para a realización dun estudo da cobertura de Televisión Dixital Terrestre no concello de Ribeira e que proceda, ca máxima urxencia, á instalación dos equipamentos necesarios para [...]

O goberno do PP deteriora o servizo de seguridade da cidadanía

O BNG reclama a mellora do servizo de seguridade da cidadanía, incrementando a dotación de máis efectivos da policía local

Como vimos denunciando, coa aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que nos vai a custar 1 millón de € máis a todas e todos os ribeirenses, o goberno do PP deteriora o servizo de [...]

O BNG obriga ao goberno local a poñer data de inauguración da Casa da Xuventude

O BNG tamén conseguiu arrincarlle ao goberno do PP o compromiso de que a súa xestión sería participada polos mozos e mozas

A Casa da Xuventude recibiu unha subvención de Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta, gobernada polo BNG, de 360.000€ e outra do Proder de 500.000€. Ámbalas dúas tiveron que ser prorrogadas en varias ocasións [...]

Reclamamos a mellora das liñas electricas de Oleiros

No Pleno do pasado luns, día 25 de xaneiro, debateuse unha iniciativa do BNG na que se lle reclamaba ao Goberno do PP a realización das xestións oportunas diante da Consellería de Industria para que inste a Unión Fenosa a executar a obra de Carballo-Sobrido por vía de urxencia dado que xa rematou o prazo [...]

Pleno municipal xaneiro 2010

No Pleno Ordinario do Concello de Ribeira do vindeiro luns, día 25 de xaneiro, debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e numerosas solicitudes. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de [...]