Arquivos 'Iniciativas Parlamento Galego' Category


Reclamámos que se adopten as medidas precisas para rebaixar os prezos da gasolina profesional

O BNG ven de presentar iniciativas no Parlamento Galego e nos concellos da comarca para reclamar que se adopten as medidas precisas para posibilitar a rebaixa dos prezos da gasolina ás embarcacións pesqueiras profesionais que utilizan este combustíbel. Os acordos que se solicitan son os seguintes:

1.Que o Pleno do Concello inste á Xunta de [...]

Reclamamos que non se fagan recortes no Plan de Galicia sobre Drogas

O BNG ven de presentar dúas iniciativas no Parlamento Galego, para solicitarlle ao goberno do PP da Xunta de Galiza que non faga recortes no financiamento dos dispositivos incluídos no Plan de Galicia sobre Drogas, que vai a afectar á UAD de Ribeira, e, ao mesmo tempo, que informe dos prazos e criterios de participación [...]

Desbotada a construción do Centro de Saúde Mental da Barbanza

O goberno do PP da Xunta de Galiza ven de confirmar que desbota a construción do Centro de Saúde Mental da Barbanza, pese a que adxudicaron eles mesmos as obras de maneira definitiva en resolución de 5 de agosto á empresa “Construcciones en Piedras Sigrás, S.L.”, cun orzamento de 986.574 euros, e un prazo de [...]

Reclamamos que non se paralice o Polígono da Barbanza

(Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF)

O BNG presentou iniciativas nos concellos da Barbanza e no Parlamento para reclamar que, de forma urxente, o Goberno do PP da Xunta retome o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza para que sexa unha realidade o antes posíbel.

A Consellería de Vivenda e Solo [...]

O BNG interésase no Parlamento polo Centro de Saúde Mental da Barbanza

O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria denunciando a paralización da construción do Centro de Saúde Mental da Barbanza

Tamén presentarán iniciativas municipais nos catro concellos da Barbanza reclamando a inmediata construción deste Centro que integraría a Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD). En Ribeira esta iniciativa xa foi debatida, votando o PP en contra desta [...]

Interesámonos pola posta en funcionamento do Heliporto

O BNG pregunta no Parlamento Galego cales son as razóns polas que non está operativo o heliporto do Hospital da Barbanza

Entre as melloras realizadas na pasada lexislatura no Hospital da Barbanza, está a licitación e construción dun heliporto. É esta unha obra longamente demandada pola cidadanía e tamén polo BNG en diversas iniciativas municipais e [...]

O Estado non considera imprescindíbel a Oficina Integral da S.S. de Ribeira

A Tesorería Xeral da Seguridade Social confírmalle ao BNG que no 2010 non se construirá a Oficina Integral da Seguridade Social de Ribeira

En resposta á pregunta do deputado do BNG, Francisco Jorquera, dende o Goberno do Estado afirman que está “previsto, nun futuro, a construción” desta Oficina para o que “xa dispón de tres parcelas [...]

O sistema de axudas á compra de libros é insolidario e máis caro

O BNG denuncia que o sistema de axudas á compra de libros de texto “non é solidario e será o duplo de caro para as arcas públicas”

A portavoz de Educación do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, acusou esta tarde ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria de “maquillar os datos para agochar o [...]

Reclamamos melloras no Hospital da Barbanza

O BNG DENUNCIA, DEFICIENCIAS NA ATENCIÓN SANITARIA PRESTADA NO HOSPITAL DA BARBANZA

Ana Pontón, Deputada do BNG, e membros do BNG da Barbanza mantiveron unha xuntanza co comité de empresa para analizar os problemas existentes no Hospital da Barbanza

O comité de empresa, denunciou ante representantes do BNG, que a atención ao paciente vese gravemente atacada coa [...]

Reclamamos melloras no servizo de transporte sanitario non urxente na Barbanza

O BNG presentou unha iniciativa parlamentar para reclamar que se adopten as medidas necesarias para garantir a cobertura da demanda existente na comarca da Barbanza de transporte sanitario non urxente, apostando pola prestación pública deste servizo

As deputadas do BNG, Ana Pontón e Ana Luísa Bouza, veñen de presentar unha Proposición non de lei no Parlamento [...]