Actualizado a: 26 de marzo de 2008
Nesta páxina poderás atopar os últimos comentarios. Todos eles están tamén na correspondente anotación. Para respostar a calquera deles terás que ir á anotación que aparece debaixo do comentario. Pulsando no nome volverás a última anotación do blog.
FE-NOSA??
Estes feitos acaban coa miña fe dalgún día. Entre tod@s temos que facer algo. Recoller sinaturas ou o que sexa… como di o refrán: a Deus rogando e co mazo dando.
Publicado Mar 25, 10:27 AM | Anotación “Reclamaremos en Pleno o mantemento da tarifa nocturna”
Luz Divina
Baixo o meu punto de vista, isto é un atraco. Tivemos que facer un forte investimento para instalar a tarifa nocturna e agora, cando hai xente que leva a penas un ano con ela instalada, véñennos con estas.
Non chega xa co que subiron os xuros, que o combustible estea polas nubes, ou que a cesta da compra nos impida chegar a fin de mes…
Non chega, claro… Faltaba FENOSA para darnos o gran golpe!!
Publicado Mar 25, 10:17 AM | Anotación “Reclamaremos en Pleno o mantemento da tarifa nocturna”
E. Cortegada
Eu pregúntome como o goberno do PP de Ribeira lle pode adxudicar tantas obras a unha empresa tan pouco seria, que deixa colgadas ás únicas vivendas de promoción pública do noso concello, perxudicando a familias con poucos recursos.
Non olvidemos que se presentou voluntariamente a un concurso público no que se lle adxudicou a construción destas vivendas. Daquela incumple reiteradamente e agora suspende pagos deixando obras municipais empantanadas.
Publicado Mar 13, 11:37 AM | Anotación “Vivenda adxudica o remate das vivendas de Xarás”
jaime
E unha boa noticia..si…boa, pois pa mala de verdade a que di que a empresa Xeixo presentou suspensión de pagos o xoves pasado, si…amigos e a mesma que deixou plantada, despois de encher ben o peto claro, entre outras, as obras das que se fai referencia neste tema, as da construcción da chamada Casa da Xuventude e as da “remodelación“ das ruas de Carreira, entre outras; o peor de todo e que o final sempre acabamos pagando sempre os mesmos: Os veciños.
Como se o noso concello no tivera empresas serias e solventes pa traballar aquí, claro, e que sol de porta non enche…perdon, non quenta.
Pero todo ten un lado bo, creo, pois seruramente algen se està a encher de merda, perdoade a expresión, e cando todo remate a levara consigo.
Publicado Mar 12, 1:01 PM | Anotación “Vivenda adxudica o remate das vivendas de Xarás”
Jose
Copio a continuación una reseña que pone al descubierto una vergonzosa manipulación de Disposiciones Legales que Unión Fenosa está llevando a cabo en las cartas que ya ha remitido a muchos usuarios de la Tarifa Nocturna en las que acosa a sus clientes de una forma inaudita.
He comprobado detalladamente lo que se afirma en la reseña y, efectivamente, es totalmente cierto: Los responsables de Unión Fenosa introducen datos y afirmaciones de modo falaz, con objeto de lograr sus intereses, confundiendo – dicho sea del modo más suave posible – a los usuarios.
Si lo desea, le enviaré copia de las disposiciones legales citadas para que no tenga que molestarse en obtenerlas; no obstante, en la página web de la Comisión Nacional de la Energía (organismo adscrito, como sabrá, al Ministerio de Industria, Turismo y Comercio) podrá bajarlas con toda facilidad. La página es:
http://www.cne.es/cne/Legislacion?id_nodo=34&&accion=0&id_materia=5&keyword=&auditoria=F
y las tiene en el apartado “Tarifas Eléctricas”.
RESEÑA CITADA:
MANIPULACIÓN DE TEXTOS LEGALES POR UNIÓN FENOSA
La carta que Unión Fenosa ha dirigido a muchos de los clientes que tienen la llamada Tarifa Nocturna instándoles a modificar sus contratos no tiene validez por lo siguiente:
SE BASAN EN UNA DISPOSICIÓN LEGAL DEROGADA POR OTRA QUE ELLOS MISMOS CITAN Y QUE, POR TANTO, CONOCEN.
Siendo así: ¿Cómo pueden justificarse EXPLÍCITAMENTE en una disposición legal que saben que está derogada?
A continuación expongo en detalle las razones que prueban mi afirmación:
La Disposición Transitoria cuarta del Real Decreto 1634/2006 de 29 de Diciembre (a la que se apela en la carta de Unión Fenosa) dice: “la potencia CONTRATADA…será la máxima potencia prevista a demandar considerando tanto las horas punta como las horas valle.”
(La corrección de errores publicada en el BOE del 12 de Febrero de 2007 cambió las palabras originales “A CONTRATAR” por “CONTRATADA”).
Pero, en virtud de la Disposición derogatoria única, Derogación Normativa, del Real Decreto 871/2007 (decreto que también se cita expresamente en la carta de Unión Fenosa ) se DEROGAN, entre otras, esa citada DISPOSICIÓN TRANSITORIA CUARTA DEL REAL DECRETO 1634/2006, DE 29 DE DICIEMBRE, disposición que en dicha carta manifiestan que tienen la obligación de aplicar, resultando así – cuando menos – totalmente improcedente que afirmen verse obligados a aplicar una disposición legal que ha sido derogada en otro de los Reales Decretos que también mencionan y que, por tanto, conocen.
Pero es que, además, según la Disposición Transitoria Primera de este, en vigor, REAL DECRETO 871/2007, de 29 de junio (decreto al que, reitero, Unión Fenosa hace referencia en su carta) los consumidores acogidos a la tarifa 2.0 con discriminación horaria nocturna podrán continuar acogidos a dicha tarifa hasta el dia 1 de Julio de 2008 bajo una serie de condiciones entre las que figura textualmente que “En cualquier caso, para estos suministros la potencia A CONTRATAR será la máxima potencia prevista a demandar considerando tanto las horas punta como las horas valle”, texto que el legislador no ha corregido posteriormente.
El cambio de las palabras “CONTRATADA” por “A CONTRATAR” introduce una importante variación que no interesa a Unión Fenosa, razón por la cual, en su carta “escoge” astutamente la versión antigua, ya anulada, con la evidente consecuencia de que el cliente se lleva a engaño.
Si no es porque esta última (y por tanto, vigente) disposición legal no se acomoda a los intereses de Unión Fenosa ¿qué otra razón podría existir para “escoger” la cita del Real Decreto que ya no está en vigor?
Publicado Mar 9, 8:05 PM | Anotación “Reclamamos o mantemento da Tarifa Nocturna”
juanm
Yo soy quien está solicitando los servicios del ayuntamiento y hago este comentario para quejarme por la actitud tomada por dicha administración. Después de solicitar sus servicios en varias ocasiones y no recibir ninguna clase de respuesta me parece patético que vengan “a mi casa” a recriminarme por haber participado en una recogida de firmas.
(Después de todo lo que han hecho por ti los servicios sociales) ¿qué han hecho por mi? Esperaría bastante más de su parte, pues estoy pidiendo algo insignificante algo que me supondría poder salir de casa sin que alguien tenga que estar sujetandome constantemente, además se supone que están para eso para atender las necesidades del pueblo independientemente de la situación de cada uno. Ésto se supone que no es una empresa con la que puedan hacer lo que les venga en gana, simplemente dirigen una administración elegidos por el pueblo, espero que se replanteen su forma de actuar y que lo vean desde mi punto de vista, simplemente que se pongan en mis zapatos. Un saludo.
Publicado Feb 25, 8:38 PM | Anotación “Solicitamos o arranxo dunha rúa en Parte ao Río”
MIA
Nunca vi tanto humo junto. Ademas de denuncias que no hacen mas que ostaculizar el progreso de Riveira. Me explico. ¿Que empresa se animará a construir aquí si hai un partido que no hace mas que denunciar? ¿Que madre llevará a jugar tranquila a sus hijos si se dice que los parques no son seguros? ¿Que empresario se animará a venir a Riveira si se anuncia un polígono del que el propio alcalde dice no tener noticia? ¿Que empresa trabajará tranquila si se la acosa cuando desarrolla su actividad por unos olores propios de su actividad y del progreso? ¿Quien se cre que el campo de la Fieiteira y la piscina están parados por culpa del ayuntamiento?¿Por que no hace esa señora de la Xunta la escuela infantil y se deja de gaitas? Por que por que por que. Las respuestas a muchas de estas preguntas harían algo real. Por lo demas, lo que contais parece mas una historia fantástica y este pueblo quiere realidades. Eso si, la rebista parece muy bonita, eso, fantastica.
Publicado Feb 15, 7:29 PM | Anotación “Xa está no prelo o voceiro do BNG de Ribeira, “No Peirao””
Lidya
Acreditava do vosso trabalho mas agora explico por que psoe nao quer ampliar “o peirao”;-))
Acho as vossas propostas muito coerentes em geral e nom so pelo que olho no magazine mas tambem pelo que posso “ver” a diário (é un dizer) nas informaçoes sobe tudo em Tv. Projectos assim vao adiante, sei bem.
Publicado Feb 14, 2:15 AM | Anotación “Xa está no prelo o voceiro do BNG de Ribeira, “No Peirao””
jaime
!!Formidable ¡¡, ou acaso quedaría mais bonito con pedras novas??, coido que non; agora que estan no rego, deberian seguir co as casas de pedra, cos lavadoiros, cos muros, cos tellados, etc…
Publicado Feb 13, 3:08 PM | Anotación “Logramos a conservación das rúas históricas de Carreira”
Armando
Pois menos mal que o BNG e outros partidos nos apoian, senón mal íamos. Por certo, algúns que van de progresistas non teñen rubor en mirar para outro lado e mesmo absterse en Pleno, dándolle as costas á veciñanza afectada por este problema.
Non sei se o verías igual se fora a túa casa. O que che podo dicir que eu fixen, con moito esforzo, hai moitos anos unha vivenda da que teño licencia. E agora dinme que é ilegal. Que para mover unha tella teño que pedirlle permiso a Costas.
En fin, é un lamentábel que os nosos políticos, que están aí cos nosos votos, non miren polos intereses da xente humilde. Facer un deslinde dende Madrid, sen coñecer a nosa forma de vida é moi triste. Máis o é que os teus propios veciños non sexan solidarios contigo ante un problema coma este. Unha mágoa!
Publicado Feb 9, 2:28 PM | Anotación “Interesámonos no Parlamento polo deslinde de Costas”
Dana
A meirande parte das casas tanto dos Areeiros como de Palmeira Norte estaban feitas antes da Lei de Costas de 1988. Polo tanto non se pode dicir que foran construídas dun xeito ilegal.
É a Lei de Costas a que coloca vivendas legalmente construídas nunha situación de ilegalidade. De tal maneira que só se podería manter aí por 30 anos prorrogables por outros 30. Non se lle permite ningún tipo de obra de mellora, tan só de mantemento, previo permiso de Costas, etc.
Ante esta tesitura, non sei porque che chama a atención que o BNG este a carón da xente que ten este problema. Outra cousa ben distinta é que logo o goberno municipal consinta atropelos urbanísticos como os tres adosados que hai alí, os edificios a carón do río Listres, ou mesmo, que unha vez que a servidume de costas pase a 20 metros, supoñendo que se consiga, non poña ningún tipo de protección urbanística nese entorno. Se deixa que caia en mans de especuladores e permite que onde agora hai vivendas unifamiliares se levanten edificios, iso xa é responsabilidade de quen goberna no concello.
En todo caso, penso que non se poden confundir termos. Unha cousa é defender os intereses da xente e o seu ben material máis prezado, como é a súa vivenda, (imaxina que fora a túa, co traballo que custa ganala) e outra ben distinta son os desastres urbanísticos que se están consentindo en todo o concello, dos que o único responsábel é a Xunta de Goberno Local, co seu alcalde á cabeza, que é quen ten as competencias en urbanismo, quen da as licencias, e quen, a estas alturas, aínda non foi quén de adaptar o PXOM a Lei do Solo cando o tiña que facer antes de xaneiro do 2006.
Publicado Feb 9, 2:19 PM | Anotación “Interesámonos no Parlamento polo deslinde de Costas”
Dana
Como se supón que lle ten que axudar, Neo? O alcalde e o goberno do PP están nunha actitude de constante confrontación coa Xunta, simplemente para reforzar o seu papel vítimista: A Xunta non fai nada en Ribeira! Iso si, logo oponse a que lle fagan locais de ensaio, galescolas, ...
O alcalde pode falar moito na prensa e na taberna, pero se non o fai onde o ten que facer, non vale de nada. A quén se lle ocorre vender o porco antes de telo? Pois se vendes un “mercado virtual”, elección tras elección, antes de xestionar a súa localización é o que se está facendo, ou non?
Ademais, cando te comprometes a algo, o normal é que logo che pidan que cumpras, non che parece? Non me digas agora que son as praceiras as que teñen que facer un novo mercado! Levan meses recollendo sinaturas, colleron máis de 2.000. Non che parece suficiente?
De verdade crees que temos capitán? Pois non se ve por ningunha parte. Por certo, a tripulación que ten só está para cobrar dedicacións exclusivas a fin de mes, mentres, Ribeira vai a deriva.
Saúdos
Publicado Feb 9, 1:40 PM | Anotación “Ribeira precisa un novo mercado”
Neo
Hace mucho tiempo que el alcalde habló de hacer la plaza de abastos en terrenos del puerto. ¿Por que la Xunta no ayuda?
Las placeras, que respeto, ¿solo se acuerdan de la nueva plaza cuando hai elecciones a la vista? Ellas ¿que hacen a favor del nuevo mercado? O nos unimos todos o no vamos a ninguna parte. Ya tenemos capitán, ¿no hai tripulación?
Saludos de Neo.
Publicado Feb 8, 7:48 PM | Anotación “Ribeira precisa un novo mercado”
uncalquera
Neo dicirche que son os do BNG os que queren que veñan para Ribeira eses locais de ensaio. O esforzo da xente do BNG está aí, o problema é que hai un goberno do PP que se nega a que veñan cousas tan importantes como estas para o noso concello.
Publicado Feb 3, 6:01 PM | Anotación “Reunión cos grupos musicais de Ribeira”
Neo
Me parece penoso que no os pongais de acuerdo. Somos más de los que decís haciendo música en Ribeira. No es solo un servicio para los que hacemos música hoy, tambien para animar a muchos otros a hacerla: es un serviciopara los jóvenes. No tenemos por que ser “profesionales”. Tendríais que hacer un esfuerzo de colaboración con el Concello y traer a Ribeira ese local de enasayo. Sin partidismos.
Publicado Feb 3, 1:09 PM | Anotación “Reunión cos grupos musicais de Ribeira”
Jorganes
Non entendo moi ben a postura do bloque neste tema. Paréceme moi ben que queira defender as vivendas que foron construídas na liña de protección de costas dun xeito ilegal, pero o que non me parece ben e que queira rebaixar a liña de protección dos cen metros.
Que saiban que non todos os veciños de Castiñeiras estamos a favor de que se permita a construción na nosa aldea do xeito abusivo a que se está a permitir.
Non alcanzamos a entender como pode un partido progresista pretender que o dominio público marítimo terrestre pase a mans dos especuladores para facer as edificacións costeiras que están a facerse e coas que se está a especular.
Isto é ganancia para uns poucos e privatización da costa e da paisaxe en beneficio de non sabemos moi ben quen.
En Castiñeiras estase a construír dun xeito totalmente irresponsábel. Non se están a respectar os anchos das estradas. En algúns casos as novas edificacións de moitos apartamentos están a facerse no medio do monte, sen ter accesos, alumeado público, rede de sumidoiros, ni ningún tipo de servizo.
Castiñeiras conta cun transporte público lamentable. Nas praias de Castiñeiras están a producirse verquidos case a diario, e a costa está en constante deterioro.
¿A quen beneficia que o solo dunha zona rural se converta en urbanizable? ¿Non é a obriga dun Concello responsable dotar dos servizos necesarios antes de urbanizar? ¿Están vostedes comprobando que as novas construcións cumpren cos requisitos legais?
Eu so consultei sobre a legalidade dunha urbanización que está a construírse preto da miña casa. Xa vai case para un ano que o fixen e aínda estou a esperar resposta. O único que pescudei verbalmente por parte dun funcionario foi que non se respectaron as distancias mínimas da estrada.
En fin creo que un partido progresista debera ser un pouco máis responsable no coidado do medio ambiente, as costas e procurar un urbanismo máis responsable e menos especulativo.
Publicado Feb 2, 9:13 PM | Anotación “Interesámonos no Parlamento polo deslinde de Costas”
jose
loitar contra a supresion da tarefa nocturna
Publicado Xan 28, 8:44 PM | Anotación “Industria solicita o mantemento da tarifa nocturna”
E. Cortegada
Hai que abrir unha investigación para quitar conclusións que eviten que estas traxedias se repitan, si. Pero, quen investiga aos investigadores?
Publicado Xan 21, 12:45 PM | Anotación “Milleiros de persoas despediron ás victimas do “Cordero””
Cabo Prior
Tes moita razón, jatonegro. A vida é así, uns fanse ricos a conta da penuria doutros. Para que vamos a cabiala? Os mariñeiros teñen que ir ó mar aínda que haxa aviso de temporal, se queren cobrar. É o lóxico, sobre todo se os armadores quedan na casa. O que proteste queda en terra, para o sitio sobran indonesios, peruanos, etc.
Por qué lle hai que pedir explicacións a salvamento se seguro que fixo o que puido? Que fai un helicótero de noite coas cámaras térmicas avariadas? pois iso, o que pode! Hai tantas falsas alarmas que esta pudo ser unha máis. Tampouco pasa nada, mándanse por alí os medios cando se esté seguro para poder cobrar e xa está. Logo faise un funeral con desembarco de autoridades para tranquilizar as conciencias e todos contentos. É o que hai! Foi así toda a vida, non?
Publicado Xan 21, 10:25 AM Anotación “Milleiros de persoas despediron ás victimas do “Cordero””
Ramón
Jatonegro, a desgracia é que asumamos como normal algo que non o é. As declaracións dos patróns que estaban alí van todas na mesma liña. Algúns din claramente: se non estamos nós alí non se salva ninguén.
Todos podemos ter erros e un accidente sempre pode habelo. Pero hai algúns que cobran moitos cartos por salvar vidas, o mínimo é que teñan os medios en condicións. As cámaras térmicas non poden estar avariadas, e non se pode retrasar a posta en marcha do dispositivo porque pareza unha falsa alarma: nestes casos é cuestión de vida ou morte.
Un abrazo ós familiares das víctimas.
Publicado Xan 21, 9:40 AM | Anotación “Milleiros de persoas despediron ás victimas do “Cordero””
jaime
Co teu potencial, jatonejro, e que vexas as cousas dende o “lado oscuro” ,... que magoa.
Dexésoche que teñas boas festas, queque sigas ca “tradisión” e que durmas canto queiras.
Saúdos
Jaime
Ooolee…..
Outro pase de capote mais.. e van…...
Cada vez falta menos pa acabar a faena e pa estocada final.
Que sigan traballando e falando así de ben.
BON NADAL E MELLOR ANO NOVO.
jatonejro
a ver marquiades, non quero discutir por que che vexo boa intensión, pero tampoco eu vexo jran cousa cas obras da via rápida. A ver que pasa cos asidentes cando a inaujuren a autovía. Do políjono que disque vai faser a xunta tampouco se ve jran cousa, e eu son como san juan que teño que meter o dedo na llaja. Cando o vexa falamos e daquela o mellor cambio de opinión. Jrasias polo de ribeira pero sa o savia.
marqueades
Pero vamos a ver jatonejro, ti en que Ribeira vives.
O mellor e que nunca saistes de Galicia, nin de Ribeira.
En 20 anos podense faser tantas cousas, claro que don manuel e don j.l fixeron, pero hai maneiras de facer e maneiras de actuar. dous exemplos nada mais:
1º-fixeron unha via rápida, non sei cantos mortos, non sei cantos atascos, etc. Ahora faise unha AUTOVIA, con seguridad e vai traer gas natural e a rede R para toda a comarca.
2º-Fixeron un poligono en xaras para quen todos sabemos, e as outras empresas deixamolas no medio do pobo ou senon para COUSO.
En difinitiva hai que gobernar pensando no futuro.
Outra cousiña Ribeira escribese con “b”
jatonejro
se queren que fajan aljo en fondevila que vendan para faser edifisios e que compren un piso avaixo, que por 200 ou 300 000 euros ainos de sincuenta metros, que fajan calles hanchas para que pasen os coches, aseras para que cajen os cans, deisando sitio para os contenedores e para as farolas e tamen aljo para a sente ainda que sea pouco. Ose todo mundo vai en coche a todas partes porque todo o mundo o ten, e eso jrasias a Fraja e a este alcalde que he o mellor que tubo Riveira en vinte anos e por eso somos unha ciudad centenaria e os de fondevila deberan estar orjuyosos e non protestar tanto e faser o que teñen que faser que sa o dixen
jatonejro
si e mellor que os rapases estean cas nais ata os tres ou catro anos, lojo, os sinco empesan a xojar na television, os seis, sete e oito plei esteixon. Se son bos entre nove e des volvense frikis e dedicanse os xojos de rol. E acabouse o conto porque os onse-dose empesan a beber e o unico parque infantil que lle vale e o de pedrapateira porque esta apartado, oscuro e conquistado meu. E asi a nova tradisión e non sei por que carallo vos empeñades en torsela. Voto por este alcalde porque sabe moi ben o que quere a xente mosa: dormir toda a mañan e si e domingo todo o dia….ainda que haxa votasións!
Jaime
Seique éste comentario non se corresponde coa información deste apartado, pero como ten algo de relación con respecto ao transporte e as obras do noso Concello, supoño que é onde mellor cadra.
Hoxe, despois do sufrimento pasado durante todo o día decidín facer público o meu descontento, e o de moitos cidadáns de Ribeira.
O caso é que a día de hoxe, os que circulamos por Ribeira, levamos sufrido o noso, e non fago este comentario por que non estéa de acordo coas obras que se están a realizar nas rúas da Cidade, que doutra banda, poderían ser necesarias, senón o modo en como se executan: SEN CONTROL (rompen as rúas por todos lados unha morea de veces é en unha chea de sitios a vez), SEN PREVISION (non se consideran alternativas de entrada ou de saida de ningún tipo, especialmente nas horas punta, para autobuses escolares nin para os vehículos particulares que traen aos nenos os colexios) o mesmo que non se habilitan/controlan zonas para carga/descarga, pois as poucas que quedan están ocupadas a toda hora), e por suposto SEN INFORMACIÓN DE NINGUN TIPO (hoxe, ás 18,10 horas, atopámonos (creo que centos de coches) en Padín, dirección Carreira, e ao chegar á altura da Policía Nacional vemos de fronte unha sinal de dirección prohibida, co que viramos a dereita coa intención de saír pola rúa do Xulgado e seguir tirando, pero a sorpresa é que temos que virar á esquerda e volta a empezar…Policía….Malecón…Cruce….Igrexa….Matadoiro…..e por fin, Mámoa e Carreira ás 19,00 horas… e isto é só un caso, e coñecendo unha alternativa, pois non me imaxino o sufrimento de quen non coñeza Ribeira?.
Pregúntome eu: só con que houbese algún axente de policía, ou persoal de protección Civil, informando da dirección a tomar ¿¿¿non gañariamos tempo os condutores e fluidez o tráfico???
Cabe a posibilidade de que estea equivocado con este comentario, pero se non é así, Señor Xefe de Policía de Ribeira, Señor Concelleiro de Obras de Ribeira e Señor Alcalde de Ribeira ¿¿POR QUE NON POÑEN UN POUCO MAIS DE EMPEÑO NAS SUAS LABORES PARA RESOLVER ESTES GRAVES PROBLEMAS QUE ESTAMOS A PADECER ??
Saúdos
rilo
que lle poñan un motor e que manden a merda a conselleira, a delegado é o resto. A imaginasión o poder!
Rilo
Se fora un colexio concertado, quén sería o que se moveria para solucionar o problema destes alumnos? Nunca vín ós pais, bueno, nais, dun centro concertado moverse para nada… non o precisan! Deben estar encantados ca Xunta e co Concello! ¡Viva o psoe, viva o pp!
Dana
Xa era hora de que alguén se acordara dos cativos da casa. É unha tristeza, pero aínda que queiras achegarte ao parque cando escampa, en días de inverno, é imposíbel porque está todo cheo de pozas.
Se o chan estivera recuberto “por superficies flotantes de cortiza ou outro material amortiguante”, como decides, ademais de evitar accidentes, tampouco se enchería de pozas. Agardo que vos fagan caso e que pouco e pouco os vaian arranxando todos. Parabéns pola iniciativa.
Avalón
Pero estes do PP non teñen vergoña? Non saben que o mínimo é gañar o soldo que lles pagamos dos nosos petos? Votan en contra da moción do BNG por prepotencia ou por que nin se molestaron en mirar o que dicía o decreto? Agora recúan! Vaia panda!
En fin… Ao final o importante é que os grupos musicais poidan ter un servizo e non teñan que ir a outros concellos da comarca a gravar maquetas.
Eu
A min dixéronme, non fai moito, que primeiro din que non pero que despois algo van arranxando, se é a única maneira de facer algo positivo, pois bueno… menos dá unha pedra.
Cele
Parecíame un pouco tardía a proposta pero vexo que a iniciativa xa é de novembro…en fín, non vos fixeron moito caso. Polo que levo visto o alumeado deste ano é cutre e con escaso acerto estético. Claro que co estado das rúas de Ribeira, se fora bonito quedaríalle como unha gravata a un porco.
Posto a opinar é abraiantemente horrenda a combinación de elementos “novedosos”(cestos) cos tradicionais (papanoeles) así como a mistura anárquica de lámparas tradicionais cas electrónicas LED…sen nengún sentido. E os “retales” instalados sen xeito nas pistas dalgunhas parroquias? Sinto ser duro pero NON HAI POR ONDE COLLELO!!
Penso que se se sentaran con alguén que tivera un pouco de bo criterio, con antelación, axustando os tempos de encendido e as datas e utilizando TODO LÁMPADAS ELECTRONICAS, se podería poñer un alumeado económico, moderno, decente, de bo gusto e para todos. Que alguén traduza estas últimas palabras que ó responsable do actual alumeado lle poden soar a chino.
Noraboa pola iniciativa aínda que caera en saco rompido.
Eu
Sí, si que ten, ou eso e o que dixo o outro día, pois se non o chega a decir eu non me decatara. Como non o vimos en ningún dos debates da campaña pasada ( eu pensaba que o alcalde era Ruiz ) e tampouco o vimos na manifestación de Corrubedo para defender os dereitos dos seus veciños, nin o vimos en tantos e tantos lugares onde era necesaria a súa presenza que ao final …… pois iso, que non o sabía…Bueno…creo que cando e pa sair en algunha foto e botarse méritos , si que sae.
Tamen me pregunto que se Ribeira ten alcalde, ¿é de agora ou de fai tempo?, dígo por que hai pouco se cambiou unha Casa de Cultura por un bar en Carreira e como se fan obras fóra de aliñación detrás do concello…. adxudícanse obras a empresas ás que a Xunta retirara por incumprimento de contrato …..outras se fan cun poste de alta tensión dentro do forxado…..outras hay que denuncialas por que non reunen as condicións axeitadas ,…..Ribeira cheira que apesta e está feita un asco con tantas obras e tal mal organizadas …etc..etc.. etc. etc.
Resumindo: eu creo que o problema está en que Ribeira ten un alcalde moi fachendoso e cando algen lle leva unha boa iniciativa, como non saleu do seu cerebro, pois hala…!! aquí non se fai nada por que o digo eu que pa eso son o alcalde!! Canta faltiña temos dunha ALCALDESA
Saúdos
San Martiño
Os do PP a que andan?
Primeiro votan en pleno, en contra da moción do bloque na que pedían entrar dentro da rede de locais de ensaio e agora, 15 días despois, din que si que queren a entrar dentro da rede… que pasa tanto lle costa a Torres votar unha proposta en positivo do BNG… Eso é o que pasa cando se ten un alcalde que non mira polo seu pobo.
Peter Pan
Unha: na esquina de Padín quedou un oco: poñamos un parque infantil ainda que sea no medio dos coches, é dicir, un perigo para os nenos. Consecuencia: ver alí un neno xogando é un milagre, pero queda bonito á hora de dicir que se fixo algo e a xente traga.
Outra: no parque máis recente, nas Abesadas, no que tiña que ser só unha ampla praza pública (en semellante espazo construído non hai nada máis de zona verde) meteuse un parque infantil que ten en cada zona de xogo unha fochanca de medio metro de fondo que se inunda cada vez que caen catro gotas… Normativa europea? Dereitos dos nenos? En Ribeira?
marqueades
Nunca mellor dito con este goberno imos de cu. Non sei que quere este grupo municipal, debe querer que os nos@s fill@s sigan estando tirados na alameda coma sempre, claro agora vai a haber nova plaqueta na plaza do concello. INCOMPETENTES!!
marqueades
Parece mentira, pero lembrome que haverá uns 20 anos tiven unha moza de goda e a nosa relación non foi adiante por culpa do transporte. Ainda hoxe non o hai, pois 20 anos do goberno dos pepeistas non fixerón nada, agora queren sair reclamando o que non fixerón.
A xente de artes está no seu dereito. Se se uniran hai 20 anos o mellor eu tamen seria de Artes.Animos, o bng está a apoiar de verdade non coma outros grupos que soio se suman á festa.
Sampedro
Parece que é o BNG o único que ten na súa axenda a mellora das condicións do transporte escolar. O caso de Artes é sangrante e non debera tardar a solución se é que ainda queda algo de intelixencia nos responsables da Consellería de Educación.
É curioso tamén, por non dicir outra cousa, a presenza dos demais partidos nas protestas de Artes…agora. A xente percibe que este goberno non funciona ó cen por cen por sí só: para que avance hai que empuxar. E o goberno anterior? Aquel nin empuxando porque non deixaban, pero… quén se acorda xa daquel goberno?
Dana
É lamentábel o que está pasando co urbanismo en Ribeira. Estamos acabando co mellor que temos. Enchendo de segundas vivendas o noso entorno. Ademais, facendo dunha maneira arbitraria. Onde a un particular non lle deixan facer unha vivenda, a unha promotora permítenselle facer cousas coma estas. Hai que parar isto antes de que sexa demasiado tarde!!
Zeus
Como che son as cousas. A mediados do ano pasado preguntei se computaba o chan rústico para poder facer unha vivenda unifamiliar e dixéronme no concello que non. Xa vexo que as varas de medir son ben diferentes según con quen.
Zeus
Non se entende ben cal é o problema. Se o representante da Consellería di no Parlamento que se porá en marcha o servizo neste curso, por qué aínda non esta en funcionamento a estas alturas do curso? Parece que ese director xeral non ten moita credibilidade. En todo caso, moitos ánimo para quen reclama o que lle corresponde.
Casais
Como é posible que con esto que decides ainda non esté o atobús pola carreteira de Gude? É que ainda está gobernando o PP? Parece que sí. Ánimo ós de Ártes que pelexan polo seu dereito.
lola H
Pero que pasa en Palmeira? Es que ahora nos toca a nosotros? Nadie va a reccionar? Ahora nos explicamos de donde van a sacar el dinero de la casa del cura, la plaza y el polideportivo…si se hace. Pero vale la pena? Siento la frustración de no haber reaccionado a tiempo y me siento …sola.
david d´area
En resposta à inquedanza xeral da que tamén amosas concenza, decirte a tí, Josè Antonio, así como a todos os que estean a plantexarse eses interrogantes, que non só é posible facer algo, senón que coido necesario e urxente pasar da actual situación de resignación diante do manifesto desastre que estades a principiar a ver no Concello de Ribeira,- moi en particular, en Palmeira-, a un plano real de actividade civica en defensa do noso povo. E preciso analizar en fondura os efectos que veñen aparellados, non só ó feismo estético, senón ó crecemento desmesurado da povoación en periodos estacionales, e que, o marxe da inevitable mudanza social do noso povo, vai doadamente rematar en problemas derivados deste tipo de crecemento, que non resposta a própia dinámica dos povos, e que, ademais, non se fai en base a plan algún de desenvolvemento, senón que resposta a intereses alleos o própio interes dos veciños. En Palmeira estamos a crear o que coidamos ven sendo preciso dende tempo… Unha forza social capaz de establecer e facer valer o criterio dos veciños do noso povo. Pasar da teorética á pragmática é doado… non se trata de “ser ou non ser”, senón de querer. Para calquera duda contáctade conmigo no tlf. 616.78.38.50
Publicado Dec 4, 2:41 PM | Anotación “Solicitamos a paralización das obras na Lagüiña”
josé antonio
Ribeira xa non hai por onde collela e ahora veñen a por Palmeira. Nos dous últimos anos o ritmo de destrución aquí é imparable. ¿É posible facer algo? ¿Ainda estamos a tempo? Dadenos ideas, por favor!!
Publicado Dec 4, 12:52 AM | Anotación “Solicitamos a paralización das obras na Lagüiña”
Yo
E triste pero e certo, no ano 2007 e parece que vivimos cos ollos cerrados. A quen pedirlle que mire por nos se o Alcalde so se preocupa pola – cidade de riveira – e os que vivimos en aldeas quedamos no olvido. Que pouca humanidad, todo se queda en palabras que leva o vento, en falsas promesas… a ninguen lle importa as dificuldes que poda ter unha persona para poder salir pola porta da casa e ir dar un simple paseo ¡que impotencia! Donde quedaron tantas promesas Sr.alcalde? Porque Riveira ten un alcalde, verdad?
Publicado Dec 3, 6:32 PM | Anotación “Solicitamos o arranxo dunha rúa en Parte ao Río”
Cheiro
Vai sendo hora de que empecen a tomar medidas. Dende logo mentres non o vexa non o creo. Non saben a que se deben? Por quen nos toman!!
Publicado Nov 29, 12:12 PM | Anotación “Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro”
Graña
Pois niso estarán, pero non se deben zafar moito que eu non vexo nada. Xa estaría ben que nos puxeran unha macro depuradora a carón e nos cos pozos negros.
Publicado Nov 29, 12:08 PM | Anotación “Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro”
Dana
Preocúpame que o PP diga que non nos fai falta unha galescola, porque é falso. Non será máis ben que non quer que vos levedes os méritos? Coido que si!
Publicado Nov 29, 10:20 AM | Anotación “Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro”
Avalón
Paréceme que Ribeira vai a perder moitas oportunidades con este home de alcalde. Recollía onte a prensa unha frase del: “Ribeira ten un alcalde”... Si, teno, aínda que non se nota moito, porque non exerce.
Publicado Nov 29, 10:02 AM | Anotación “Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro”
jaime
Desde que naceu, xa se auguraba un gran movemento no blog, pois o traballo que facedes é IMPRESIONANTE.
A 5 de Outubro, (200 días de actividade mais ou menos) cando case que tiña 15.000 visitas, a media estaba en 74 por día, ou o que é o mesmo, 2.220 ó MES, e a data de hoxe, despois de 252 días, a media por día é de 79,5, que veñen sendo 2.385 mensuais, esto quere dicir que no último mes tivo 165 visitas mais ca no anterior, e esto en porcentaxes, e sendo solo dun mes, sae en… puf…, unha chea.
“ Cando o río sona, auga leva“ e este si que sona, e faríao mais se lle deixaran un sitio para que tocaran os rapaces; e auga tamén leva, bueno… auga, auga… non, mais ben… bueno, a bos entendedores…
Xa se sabía que o lugar para recoller colleita e perfecto, pois aquí, polo abono que hai (compost ou derivado), e formidable, aínda tendo malas herbas e algunha que outra toupeira que non fan mais que retrasar a saída do froito. (hai que agradecer que “os 11“ sigan facendo así de “ben” os deberes).
A proba de que dentro de 40 meses ides ter unha boa colleita tédela diante.
Saúdos
Publicado Nov 27, 6:48 PM | Anotación “Máis de 20.000 visitas”
María
Eu estaba contenta porque se iba abrir unha cafeteria na casa de cultura, pero o que se fixo foi acondicionar o salon da casa de cultura donde antes se facían os festivais de nadal, entroido… dos colexios de Carreira, e reunions de asociacions…
Non se pode deixar a Carreira sin local para estas celebracions. Deberían acondicionar un espacio para que estas actividades se podan seguir realizando e seguir disfrutando tamen da cafeteria.
Publicado Nov 26, 6:06 AM | Anotación “O PP desmantela o salón de actos da casa de cultura de Carreira”
Avalón
Descoñezo se os socialistas de Ribeira presentaron ou non unha iniciativa a este respecto, eu dende logo na prensa non a vin. O que sei e que a Consellería de Educación (socialista, por certo) eliminou unha oferta educativa que existia en Ribeira.
Paréceme que, precisamente vos, para que non sigan a bailar os de sempre non facedes moitos méritos nin alá nin acá.
Publicado Nov 26, 12:24 AM | Anotación “Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas”
Luís
Ola Lauro,
como creo que non coñeces a dinámica municipal, dicirche que o grupo do BNG non ten acceso ás iniciativas que presentan os outros grupos ata que recibimos a documentación para o pleno (uns 4 ou 5 días antes do mesmo) e que polo tanto non sabemos o que solicitan. E por suposto nos esta iniciativa rexistrámola antes de ter constancia da existencia de outra semellante metida por outro grupo. Entón o problema será de outros…
Nos traballamos día a día coa xente tentando resolver problemas e difundindo o noso traballo e dende logo agrádanos chegar a puntos de encontro con outros grupos municipais na solución dos problema. Esperemos que sexa este o caso na Escola de Idiomas.
Publicado Nov 25, 9:41 PM | Anotación “Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas”
Lauro
POIS RESULTA QUE ESA INICATIVA XA FOI PRESENTADA HAI TEMPO POLOS SOCIALISTAS.
INFORMARSE MELLOR E NON VOS PISAR OS JUANETES, QUE LOGO SEGUEN A BAILAR OS DE SEMPRE.
Publicado Nov 25, 7:41 PM | Anotación “Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas”
Ramón
Como? IPdR repartiu a iniciativa do BNG? E iso? perdinme algún capítulo? Pois mira que lin máis dunha vez tanto esta anotación como a iniciativa e non atopo a razón pola que estiveran traballando para o BNG.
Ou acaso lles parece ben que o PP se cargue o salón de actos de Carreira e adxudique a dedo esa instalación pública para montar unha cafetería?
Penso que non se pode considerar normal este tipo de actuacións claramente ilegais. Aínda que non actúe a fiscalía, cando menos hai que facer denuncia pública para que se saiba as practicas dos que gobernan e dos que os apoia.
Publicado Nov 25, 3:47 PM | Anotación “O PP desmantela o salón de actos da casa de cultura de Carreira”
Anxeles:
Olas a todos!!
Como ben din Eu e Pepe, nesa solicitude solo se pedía que se fixeran as cousas como se tiñan que facer, non ía para nada en contra do beneficiario da concesión, nada máis lonxe das miñas intencións. Pois ben, non me arrepinto de facelo, estou farta de ver como neste Concello se actúa como no lonxano Oeste, non hai lei que se teña en conta, todo á machada. Noutros lugares por cousas como estas actúa a fiscalía, quizáis para a próxima vez o teña que sopesar e me dirixa directamente a quen debo facelo e non ó Goberno Municipal, que ó fin e cabo moito caso non fan, aínda o toman a mofa. Supoño que os que tedes dous dedos de fronte sabedes que o que se fixo nesta ocasión non so foi irregular, senón que foi ilegal, bastaba con que se lle dera pulo ó tema un mes antes, acta notarial e bueno. Quizais así debén facelo!!
Sorprendente o que me contas de IPdR Pepe, podíamo esperar dos do PP, pero bueno, que che podo dicir, as urnas poñen a cada quen onde ten que estar, e non por “culpa de outros” senón polos méritos acadados.
Bicos para todos.
Publicado Nov 25, 9:10 AM Anotación “O PP desmantela o salón de actos da casa de cultura de Carreira”
Eu:
Eu tamen fun por alí, pois o cortes non quita o valente, pero a min a sensación que me dou o que estiveran a repartir eses folletos era a de mofa ou a de querer poñer a xente en contra do BNG ou mesmo de Anxeles, pois ainda cun papel diante dos ollos non entendian o que alí poñia que non e outra que o que dí Pepe, que se fagan as cousas polo medio legal, e non A DEDO.
Publicado Nov 25, 12:36 AM | Anotación “O PP desmantela o salón de actos da casa de cultura de Carreira”
Manolita:
Que triste é escoitar estas cousas, ver como se tiran os millóns en prazas do Concello e logo outra xente sen ter por onde andar. Esta Riveira vai de mal en peor, aqui tiña que vir unha operación desas Malaia ou Guateque que daqui si que iban a sacar.
Publicado Nov 24, 7:47 PM | Anotación “Solicitamos o arranxo dunha rúa en Parte ao Río”
Pepe:
Onte fun dar unha volta pola festa de apertura do bar da casa de Cultura de Carreira e quedinme sorprendido cando un dos de IPdR me dou un folleto dicindome que o BNG non queria que se abrira o bar, pero alí solo se solicitaba regularidade na situación e a nova apertura dun salón de actos, acaso os de IPdR apoian tamén a ilegalidade?
Eu non o entendo, pero nesa solicitude non se dicia que non se abrira o bar, soio se pedia que as cousas se fixeran pola via legal e que se lles devolvera ós de Carreira o salon de actos que lle sacaron. Sorprendeume moito que xa non solo sean os do PP os que apoian estes chanchullos, a todo hai quen gane!!
Eu o único que podo dicir e que a miña filla non vai ter festival de navidade no colexio porque o salón de actos da casa da cultura, onde sempre o facían e que era de todos os de Carreira da noite para a mañan transformouse nun bar.
Solo me queda dicir, BNG moi ben, seguide así que os barredes a todos, porque con estas cousas están a demostrar que todos son uns.
Saludiños e adiante
Publicado Nov 24, 7:44 PM | Anotación “O PP desmantela o salón de actos da casa de cultura de Carreira”
Moito Artes:
Que o Sr Alcalde e a súa concelleira de educación aparezan agora en público “defendendo” aos de Artes demostra a pouca vergonza que teñen. Menos mal que xa os coñecemos. Pero non nos enganemos: con esta aparición pretenden compensar noutros lugares o crédito que perderon nesta parroquia. Polo demais, interés en arranxar o problema de transporte en Artes? Ningún: canto pior mellor, hai eleccións á volta da esquina.
Que que pasa cos nenos de Gude e Sego que van a andar un quilómetro ata a parada? “Bueno, bueno, ós de Castiñeiras tampouco os collen ó lado da casa e non protestan” (J.H.C)
Publicado Nov 24, 3:13 PM | Anotación “Concentración en Artes demandando melloras no transporte”
Artista:
Bueno, si, claro. Aínda que a min me parece máis ben que se achegan as Xerais. En fin, xa veremos o que está disposto a implicarse. Porque unha notiña faina calquera. Buscar solucións xa é máis complicado.
Publicado Nov 21, 1:45 PM | Anotación “Concentración en Artes demandando melloras no transporte”
Unha de Artes:
Vaia, vaia! Agora intéresase Torres por nós. Bueno, non está mal, vale máis tarde que nunca, non?
Publicado Nov 21, 1:37 PM | Anotación “Concentración en Artes demandando melloras no transporte”
Avalón:
Que lle pasa a estes do SOE, só saben facer cousas onde gobernan desmantelándoas noutros sitios? Paréceme ben que se poña en marcha en Noia, pero en Ribeira xa había esa ensinanza, por qué se desmantela?
Publicado Nov 21, 10:52 AM | Anotación “Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas”
Dana:
A min tamén de agrada que o BNG se preocupe polas cousas da xente, de toda a xente. O que me preocupa é que este goberno que temos só se preocupe polas cousas dalgunha xente, non polas de toda a xente, como é a súa obriga. Como é posible que destas cousas de primeira necesidade só se preocupen de facer promesas cando é campaña electoral, das que se esquecen o día seguinte das eleccións e aínda se vote por eles? Afortunadamente, cada vez menos, todo hai que dicilo!
Publicado Nov 21, 9:48 AM | Anotación “Solicitamos o arranxo dunha rúa en Parte ao Río”
Dana:
A que te refieres, Ana? ao Plan de acuicultura ou á especulación urbanística?
Publicado Nov 21, 12:50 AM | Anotación “A Conselleira escolle aos noruegueses antes cós galegos”
Ana:
y que podemos hacer? no estais mandandos cartas o emails a lguien, algo..?
Publicado Nov 20, 6:28 PM | Anotación “A Conselleira escolle aos noruegueses antes cós galegos”
Eu:
Despois de ver o tema exposto no blog, non me queda outra mais que
VOS dar as grazas.
Grazas por por pedirlle a un Alcalde que mire por un dos seus veciños, un veciño que o simple feito de sair a comprar o periódico ou tomar un refresco suponlle unha alegría, pois no seu pequeno percorrido, pode atoparse con algún amigo, contar un conto, e así sair da pesada rutina a que está amarrada unha persoa cas suas limitacións.
Grazas por lle dar color as voces dunha familia que ve case todo de color gris, dende fai algo mais dun ano.
A cousa torna negra, pois cando algén ten un apretón no concello, como vaia nuha cadeira de rodas tena clara, e senon que llo pregunten ao sr. Novoa, concelleiro do PSOE, que ten que sair fora por non ter habilitado os accesos para poderse mover po-lo o Concello.
Pregúntome eu, se para preparar unhas rampas de acceso dentro do propio Concello hay que esperar uns anos, ¿canto teremos que esperar para ter arreglado un camiño público??
Grazas por vos acordáredes dun veciño.
Saúdos.
Publicado Nov 20, 12:55 AM | Anotación “Solicitamos o arranxo dunha rúa en Parte ao Río”
Domi:
Somos conscientes da importancia desta infraestructura para o tecido empresarial da comarca, especialmente de Ribeira que leva anos co chan industrial esgotado. Por iso toda a información que hai a respecto deste polígono a estamos poñendo aquí.
Persoalmente tamén me gustaría que todo fora máis rápido, pero hai unha serie de trámites administrativos que levan o seu tempo. Polo que nos teñen dito, tanto a Conselleira de Vivenda e Solo, como o Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, unha vez iniciadas as obras todo vai moito máis rápido.
Para máis información podes poñerte en contacto con nós, enviando un correo electrónico, ou directamente no Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Saúdos
Publicado Nov 16, 10:31 AM | Anotación “Adxudicada a redacción do proxecto do Polígono da Barbanza”
Manolo:
Moitos empresarios están ansiosos por saber datas mais concretas de remate das obras. Xa sabemos que sempre se poden retrasar por calquera razón e que casi nunca se adiantan, pero ¿onde se pode un informar “mais a fondo”? Tamen sería interesante dar precios aproximados por metro cuadrado. Moitos proxectos importantes están agardando.
Publicado Nov 16, 2:48 AM | Anotación “Adxudicada a redacción do proxecto do Polígono da Barbanza”
Pepe:
Por certo, estamos preparados para afrontar outro Prestige? Coido que non.
Publicado Nov 15, 1:49 PM | Anotación “Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa”
Pepe:
Menos mal que o poder de rexeneración deste mar é inmenso. Do contrario mal estaríamos…
Publicado Nov 15, 1:47 PM | Anotación “Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa”
Lola
A praia de Espiñeirido foi o primeiro punto do Concello de Ribeira ao que chegou o chapapote. Cando vin as praias de Espiñeirido e Seráns cheas de chapapote. Aquelas pedras cargadas de mexillóns e percebes cubertas pola marea negra, pensei de morrer de pena. Logo chegou a indignación escoitando ao goberno. A mentira e o abandono no que nos deixaron foi algo imperdoable. Pero está visto que a todo porquiño lle chega o seu sanmartiño.
Publicado Nov 14, 1:26 PM | Anotación “Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa”
Miguel:
Foron días terribles aqueles. Pensei que se acababa todo, que tiña que coller a maleta e emigrar. Por sorte, salvamos a ría. Aínda que se veu afectada, aquel esforzo valeu a pena. Se a marea negra entra na Ría sería o fin.
Publicado Nov 14, 1:02 PM | Anotación “Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa”
Luis Torres:
Haberá quen o tome a coña, pero o do polígono é o mellor que lle pasou a RIbeira en 20 anos…e non foi cousa do PP. Que non se retarde o mais mínimo porque nos xogamos moitos postos de traballo…e moito mais.
Publicado Nov 14, 11:43 AM Anotación “Adxudicada a redacción do proxecto do Polígono da Barbanza”