COMENTARIOS
Actualizado a 12 de decembro de 2009
Nome: perlasone
Moitas grazas Dominga, Ana Pontón e demáis polo apoio á nosa causa
saudos dende o barbanza
por certo seguimos igual, cero celadores
Publicado Dec 12, 1:27 AM | Anotación “Reclamamos melloras no Hospital da Barbanza”
Nome: Un que o sabe
Cheira, sí. Primeiro colócan a parentes e amigos e despois “arreglan” a relación de postos de traballo á medida para facelos fixos.
Eso sí, ós que non son da corda amarganlle a vida para que se vaian indo e así poder colocar no seu sitio a máis dos seus.
Cando abriremos os ollos!!
Publicado Dec 5, 10:05 PM | Anotación “O goberno do PP retrátase na elaboración da RPT”
Nome: Jatonejro
por desilo nuha sola palabra: estocheirachamusco
Publicado Dec 5, 4:15 AM | Anotación “O goberno do PP retrátase na elaboración da RPT”
Nome: daniel gomez dapena
pois a proposta pareceme bastante boa, penso q vai dar moito que falar todo para ben por suposto, un bo traballo
Publicado Nov 27, 11:11 PM | Anotación “Seaga: selección de persoal transparente e obxectiva”
Nome: OBR
Hola.
Gustaríame pensar que as cousas cando se fan, fánse con un obxetivo coherente a traveso dun estudo ou análise téncicamente evaluado por especialistas á hora de descatalogar o valor de uso dun ben ou dereito. É dicir, que se fan con obxetividade e non de modo subxetivo.
Neste caso, por suposto refirome ós bens situados no nivel semisoto e ós dereitos que calquer cidadán involucrado nunha acción u omisión da Administración Pública ten dereito a exercer (vaia a redundancia), de modo que sexa informado correctamente a traveso do suxeito de dita acción u omisión.
Na acción de invalidar o valor comercial dos semisotos non consta a notificación dunha evaluación de riscos nin a intervención de especialistas competentes na materia que determinen as taras específicas que fagan a estes locais inapropiados para o seu uso terciario.
Esta nova norma, no tocante ós semisotos non se acompaña de informes ou memorias que describan a inaptitiuded técnica destes locais para o seu uso terciaro. Gostaríame que se xustificase, e falo sempre técnicamente. E como di no texto, hay moitos baixos ou entreplantas,que seguramente están en piores condicións que moitos semisotos.
Sin mor de ofender ós meus veciños. Recibide un cordial saúdo.
OBR
Publicado Nov 21, 9:03 PM | Anotación “Solicitamos o uso terciario para as plantas semisoto”
Nome: MD
Ojo este no es el manuel dominguez, conocido, o es un manuel dominguez o alguién puso ese nombre pero no es el que un dia fue candidato
Publicado Nov 9, 2:27 PM | Anotación “O BNG volve ao Parlamento Europeo”
Nome: Jatonejro
unha ves vai para 10 anos un conosido que fasia pisos dixome o falarlle dun amijo que queria mercar un que si o convensia dabame senmmil para min Esa era a comisión disque solo por vendelos non che dijo nada por faselos e menos ainda por deixalos faser.Aver sementendes
Publicado Nov 3, 8:35 PM | Anotación “Defendemos a legalidade urbanística en Corrubedo”
Nome: rosa
seguimos sen celadores, a que se espera?
esta dirección é como a outra, distinta afinidade política pero igual idea= recortar e gastar menos, eso si que os traballadores se clonen e traballen un por dous…que ben estamos!!
Publicado Out 17, 12:41 AM |Anotación “Solicitamos celadores/as para o Hospital da Barbanza”
Nome: un mariñeiro
Bueno, si, será mellor deixar o tema porque coido que de seguir con el o desencontro continuaría, porque discrepo da maioría de cousas que vostede di:
1.-Nas pedras brancas non hai percebes, non chega o mar a elas, como moito en mareas vivas. Pero a poucos metros, nas que están somerxidas no mar, si que hai marisco.
2.-Non considero que os mariñeiros sexamos os primeiros en contaminar. A non ser que nos cargue co morto de limpeza de sentinas e cousas así, que non dependen dos mariñeiros, senón de políticas empresariais de poucos escrúpulos.
3.-Con respecto ao do Prestige, tomeime a molestia de mirar a hemeroteca e a verdade é que atopei moitas iniciativas de Bieito Lobeira a respecto deste tema durante estes últimos catro anos.
4.-É evidente que canto máis tempo pasa o potencial perigo de contaminación desta gabarra é maior. En todo caso, a finais de febreiro nos medios de comunicación informouse que había varias empresas interesadas en desmontar esta gabarra. O tempo foi pasando e preto de 9 meses despois a chatarra segue no mesmo sitio e o inverno non creo que lle sente moi ben.
5.-Falando de piscifactorías, tamén mirei tanto a hemeroteca como este mesmo blog. Pode comprobar que ten un tema adicado ao Plano Acuícola onde se pode ver a implicación do BNG neste tema, así como fotos e mesmo un vídeo no que se ve a súa participación na manifestación de Corrubedo.
En fin, conclúo co mesmo desexo que nos une, que retiren esa chatarra dun lugar tan privilexiado da nosa costa canto antes.
Publicado Out 12, 10:58 PM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: Un calquera
De mariñeiro a mariñeiro.
Isto foi o que dixen no primeiro comentario: Que conste que non digo que non se retire, pero que hai que ser un pouco máis rigorosos, si.
Falo de retirala, si. Falo de ser rigorosos, si.
Dende o Faro ata a gabarra aínda hai un pequeno treito, ou non?
Non tomei fotos porque non teño cámara, pero se é bo mariñeiro, cre que nesas pedras brancas que vemos na foto hai percebes?
No tocante a basura estou totalmente de acordo con vostede, pero non me negara tamén que os mariñeiros somos os primeiros en contaminar.
Sobre o Prestige mellor non tocalo, eu tamén manchei as mans co chapapote, pero tamén coñezo xente que vivindo do mar mirouno dende a televisión. É curioso o deste barco, parece que en catro anos non soltaba nada e agora de pronto esta perdendo de novo petróleo. Lease pregunta estes dias de Bieto Lobeira sobre a perda de petróleo.
É certo, o BNG non gobernaba en ningún deses sitios, pero por qué pide agora a súa retirada e non antes? Contamina máis agora?
Lembro que non fai moito os veciños de Ajiño estabades en contra dunha piscifactoría moi preto de aí e curiosamente os únicos que non ían a manifestación era o BNG ou no?
Un apunte: que bata o mar non significa que teña que haber percebes, o mar tamén bate nas praias e alí non se dan, ou si?
Con isto dou rematado este desencontro e agardemos que máis axiña que máis tarde saquen o ferrancho.
Publicado Out 7, 6:16 AM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: un mariñeiro
En primeiro lugar, sorpréndeme que a un mariñeiro lle preocupe máis o secundario que o importante: para min o importante é que esa chatarra se saque de aí canto antes. O secundario e ademáis moi relativo é o que se entende por “a carón”. Vostede mesmo afirma que a carón do Faro hai percebes: aínda que só así fora, acaso a gabarra non está a carón do Faro?
Eu tampouco son experto, pero non fai falta selo para ver que hai cousas máis contaminantes. Lembro, pola súa gravidade, como quedou toda a costa, e tamén esa do Faro, Balieiros e o Corgo, chea de chapapote; tocoume limpar coma moitos, cando foi do Prestige, mentres Rajoy nos falaba de “hilillos de plastilina”. Vexo a diario as consecuencias da falta de depuración na Ría da Arousa, coa decantadora do Touro vertendo directamente sen depurar, co emisario roto dende fai anos e con verquidos directos no mesmo porto de Ribeira. Vexo a basura inundando o porto de Ribeira… Aínda así non lle podemos quitar a importancia que ten este tema. O óxido a vostede non lle parecerá moi contaminante, pero a verdade é que aos percebes non lle senta nada ben.
Polo tanto, se fala de ser rigoroso non tome a “coña” que nos preocupe aos percebeiros e mariñeiros, sobre todo de baixura, que a gabarra siga aí máis de 9 meses despois de encallar. Tampouco me parece moi rigoroso dicir que alí non bate o mar: como chegou a gabarra a onde está logo?
Por último, polo que sei, o BNG non goberna, nin gobernaba daquela, nin na Consellería de Pesca, nin no Estado. E, que eu saiba, é o único grupo político que de momento se interesou pola retirada da gabarra. Polo tanto, reitérolle a miña gratitude, e agardo que o PP, que goberna en Ribeira e na Xunta, e o PSOE, que goberna no Estado, poñan o mesmo interese e remen todos xuntos para que esa gabarra sexa retirada canto antes. Non espero menos e agardo que vostede, se é tan rigoroso como di, tampouco.
Saúdos
Publicado Out 5, 12:03 AM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: un calquera
Para mariñeiro de outro mariñeiro.
Non teño por costume falar ou escribir sen antes asegurarme do que vou dicir. Estiven a carón da gabarra e alí nin hai percebes, nin case mexillóns. O dos percebes supoño que é debido a que nesa zona apenas baterá o mar e tamén porque esta a carón dunha pequena cala, ou non?
Non son experto na materia, pero de todos os contaminantes que se tiran ao mar, o ferro xunto co oxido son os menos contaminantes, outra cousas son os restos de pinturas que se retiran aso barcos para pintalos de novo nas ramplas, xa que moitas dese restos de pintura levan chumbo.
No meu comentario so pedín ser un pouco máis rigorosos na nova e calquera pode achegarse á gabarra e comprobalo que digo eu ou vostede.
Poden empezar a carón do Faro onde verán os primeiros percebes.
Por último vostede mesmo o di, a gabarra leva alí 9 meses… iso é dende xaneiro e na Xunta curiosamente tamén gobernaba o BNG. Daquela non contaminaba?
Publicado Out 3, 8:11 PM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: un mariñeiro
É unha peniña que dende terra non se vexa, e polo tanto que non se valore, a riqueza que ten toda a nosa costa e que verquidos e chatarra estean acabando con unha forma de vida que é o sustento de moitas familias.
A carón desta gabarra hai moito percebe. Seguramente “un calquera” dende terra non o ve, pero está ahí. O oxído pode afectarlle a este banco de percebe e así o temos denunciado dende o pósito de Aguiño, sen moito éxito:
“O depósito de Aguiño teme que o óxido afecte aos bancos de percebe…”
http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2009/04/21/0003_7665620.htm?idioma=galego
“...Os mariñeiros e percebeiros que adoitan faenar polas inmediacións solicitaron a retirada da plataforma para evitar unha posible contaminación da costa.”
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/02/12/0003_7523415.htm?idioma=galego
Vai para 9 meses, ven o inverno encima, e a gabarra sigue aí. Agradezo o apoio do BNG e pido un pouco de respecto coa nosa costa e o noso medio de vida e que os que gobernan busquen unha solucion canto antes.
Saúdos
Publicado Set 29, 11:45 PM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: un calquera
Como se pode mentir en tan pouco espazo. Que lle digades a un de sécano que na zona onde esta a gabarra “preocupa os mariscadores e percebeiros da zona, dado que está encallada nunha área relevante produtiva de percebe” é de coña.
Unha de dúas ou vos meteron unha “entroidada” ou non visitástela zona. Por favor, se onde está nin hai mexillóns.
Que conste que non digo que non se retire, pero que hai que ser un pouco máis rigorosos, si.
Publicado Set 28, 10:44 PM | Anotación “Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo”
Nome: chuza.org
BNG-Ribeira traslada ao Concello denuncia da ‘A.V. Campo da Agra’ por ilegalidade urbanística en Corrubedo…
O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno do PP que dea as ordes oportunas para que os servizos técnicos municipais revisen a licenza que outorgou, pola que se autoriza a construción de 17 vivendas no Campo da …
Publicado Set 6, 6:42 PM | Anotación “Denunciamos unha ilegalidade urbanística en Corrubedo”
Nome: Eugenia
vos invita a visitade www.ribeira.eu donde podesde deixas as vosas opinion saudos
Publicado Ago 29, 6:31 PM | Anotación “Nais e Pais de Artes fartos dos incumprimentos de Educación”
Nome: Spiderman
Vaites… hai censura nesta web? Porque Dominga anunciou esta web como o colmo da democracia e da expresión nun foro virtual… Non pispo…
Publicado Ago 8, 9:35 PM | Anotación “Educación para a cidadanía para os concelleiros/as do Goberno de Ribeira”
Nome: Spiderman
Tomás… a opinoloxía estala a facer ti na barra dunha tascucha tomando un viño de polvos e un pincho de onte. Mira… precisamente por facer este tipo de argumentario como oposición ao PP riveirense é polo que nunca conseguiredes máis concelleiros. Analiza por que… pero adiántoche que a xente é máis intelixente do que pensas para caer na crítica fácil e baladí. En lugar de tanta tontuna, por que non ides á concesión dos parkings, ou a onde se menten os cartos municipais, porque nas rúas evidentemente non… ou por que se delega nunha entidade local as funcións da concellería de cultura… por exemplo.
Publicado Ago 7, 4:17 PM | Anotación “Educación para a cidadanía para os concelleiros/as do Goberno de Ribeira”
Nome: Tomás das Quingostas
Non é esaxerado cando un representante da cidadanía non se pode expresar no Pleno.
Non é esaxerado cando ese representante é insultado, “mentireiro”, por outra representante no salón de Plenos.
Non é esaxerado que o concello de Ribeira adique recursos humanos (policía, protección civil,..) para velar polo bo desenvolvemento da festa. (Penso nas festas de agosto e na do percebe e visualizo a cantidade de RRHH que mobiliza).
Non é esaxerado dicir que quen diagnostica de “histeria” ao representante da cidadanía, faga a súa análese de opinólogo dende o embigismo tomando 4 chiquitas.
Publicado Ago 2, 11:57 PM | Anotación “Educación para a cidadanía para os concelleiros/as do Goberno de Ribeira”
Nome: Spiderman
Bueno… a verdade é que o motivo do artigo paréceme algo esaxerado, pero cada quen que se apañe coas súas histerias. O certo é que a praia, logo da festa da Dorna, queda que da peniña, igual que as rúas logo das festas de agosto. Que as festas sexan boas para o pobo a nivel cultural e económico non é óbice para recoñecer que a xente deixa os espazos públicos feitos un desastriño. Case que era mellor buscarlle as cóxegas ao PP riveirense doutro xeito, e non facer, precisamente, o que fai o PP: facer oposición con calquera excusa.
Publicado Xull 30, 4:57 PM | Anotación “Educación para a cidadanía para os concelleiros/as do Goberno de Ribeira”