


Dende o BNG de Ribeira queremos agradecerlle a súa confianza ás 3.634 persoas que nos apoiaron e animalos a seguir traballando con nós para facer de Ribeira o concello que todas e todos queremos. Este importante incremento de 619 votos e máis dun 5% respecto das Municipais 03, colócanos no 25,91%, e suporá que o Grupo Municipal do BNG pase de 4 a 6 concelleir@s, converténdonos no único grupo político que incrementa o número de representantes. Este resultado de 3.634 votos é o mellor da historia do BNG de Ribeira e supón un importante respaldo da cidadanía ao labor feito.
Cabe destacar a baixa participación nestas eleccións: tan só o 60,48 %. Isto supón que 9.217 persoas, das 23.377 censadas, non exerceron o seu dereito ao voto. Unha mágoa, xa que seguro que moitas delas non foron a votar por considerar imposíbel o cambio.
Está visto que imposíbel non hai nada, e o PP sofre un forte castigo da cidadanía ao perder 1.164 votos e dous “escanos” en favor do BNG, quedando tan só a 339 votos de perder a maioría absoluta. IPdeR e PSOE manteñen o número de concelleiros/as, polo que o BNG se consolida como a única alternativa a un cambio de goberno. Cabe destacar que a cidadanía votou maioritariamente cambio pois a suma dos votos acadados polos que serán grupos da oposición superou ao PP en casi cen votos por primeira vez en moitos anos.
Estes magnificos resultados obtidos polo BNG tanto en Ribeira como na Comarca da Barbanza indícannos que estamos no bo camiño e dannos folgos para seguir traballando para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. O BNG vai a ter un Grupo Municipal de luxo con seis concelleir@s pero con un gran equipo detras traballando codo con codo para que Ribeira avance en politicas de benestar, en políticas que favorezan a creación de emprego, de vivenda protexida…
Un saúdo. Moito ánimo e adiante!
Evolución do voto nas eleccións municipais 1995-2007:

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2007:

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2003:

Resultados mesa a mesa:
resultados-municipais07.pdf
Evolución municipais 05-07:
municipais07.pdf
Resultados oficiales:
Ministerio do Interior
Ministerio do Interior. Resultados anteriores
Deputación
A nosa valoración na prensa:
Diario de Arousa: Brión afirma que a oposición de Ribeira ten máis votos que o PP
Outras valoracións:
Resultados electorais: “A candidata e os membros do
BNG non podían ocultar a súa satisfacción polo excelente traballo realizado e por calar a súa mensaxe no electorado. É a formación política que máis crece e que maior número de votos obtén. Os veciños demostran con iso que queren unha oposición real e forte que fiscalice as accións do equipo de goberno.”
José Manuel Pena
Información na prensa:
O País
Diario de Arousa: O BNG sube seis escanos en A Barbanza e convertese na primera forza da alternancia
Diario de Arousa: “...O BNG acorta distancias con 6 edis”
O Correo Galego
O Correo Galego
A Voz: O Bloque foi o gran beneficiado e logrou un resultado histórico
A Voz: O BNG fortalecese en Ribeira, Aguiño, Oleiros e Artes.
A Voz: Eleccións Municipais 2007
A Voz de Galicia
A Voz de Galicia