Galería

GALIZA NOVA E O BNG RECLAMAN UN COF NA BARBANZA

Con motivo da celebración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, Galiza Nova e o BNG promoveron unha recollida de sinaturas para que a Barbanza conte cun Centro de Orientación Familiar (COF).

MAREA DE DIGNIDADE EN CORRUBEDO

Milleiros persoas chegadas de todos os recunchos do país uníronse o pasado 4 de novembro nun berro colectivo no Faro de Corrubedo contra o Plan Galego de Acuicultura da Consellaría de Pesca. E alí estivo o BNG. Baixo o lema “Pola nosa costa, polo noso mar”, unha ampla representación do BNG de Ribeira, encabezada polo Responsábel Local, Xosé Alberte Lorenzo, a Portavoz Municipal, Dominga Brión, e o Grupo Municipal do BNG ao completo, manifestou o seu rexeitamento a este Plan que se ceba dunha maneira esaxerada cun dos espazos máis protexidos do país: o LIC de Corrubedo. Unha reserva de preto de 500.000 metros de chan para piscifactorías no mesmo, que representa máis do 15% do Plan, é o alarmante dato. Tamén quixeron estar a Responsábel Local e varias/os representantes de Galiza Nova de Ribeira, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, así como o Responsábel Comarcal do BNG da Barbanza, Manuel Casal.

TOMA DE POSESIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG

O día 16 de xuño tomou posesión a séptica Corporación Municipal de Ribeira da democracia. A cidadanía decidiu que alí estiveran 6 concelleiros e concelleiras formando o Grupo Municipal do BNG. Reiteramos a nosa gratitude e o noso compromiso coa cidadanía de Ribeira.

MUNICIPAIS 2007 EN IMAXES

Durante esta campaña foron moitas as persoas que estiveron traballando intensamente: pegando carteis, colocando bandeirolas e pancartas, repartindo publicidade, pasando megafonía e tamén organizando e asistindo a reunións e dando mitins.

Como premio a ese bo traballo, e tamén ao realizado nos anos anteriores, arrouparonnos centos e centos de persoas no importante número de reunións, visitas diversas e mitins que demos, e foron miles as que nos respaldaron co seu voto: 3.634, o maior número na historia do BNG de Ribeira.

Vai para todos e todas este pequeno agasallo: ainda que non están tod@s os que son, si son tod@s os que estan.

Graciñas e una aperta ;-)

Homenaxe a Paco de Aguiño
Ofrenda floral diante do busto de Paco de Aguiño en xaneiro do 2005


O BNG rendeulle unha sentida homenaxe a Paco de Aguiño no primeiro aniversario do seu pasamento (xaneiro 2005). O Portavoz Nacional, Anxo Quintana, non quixo faltar a esta importante cita.

Co Conselleiro de Medio Rural
Reunión co conselleiro de Medio Rural

Coa Conselleira e o Delegado de Vivenda e Solo
Entrevista coa conselleira de Vivenda e Solo e o Delegado Provincial

O Vicepresidente, Anxo Quintana, a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas e o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco na presetación do Polígono da Barbanza na Casa do Mar de Ribeira

Presentando o Polígono da Barbanza na Casa do Mar de Ribeira

Coa Conselleira de Vivenda e Solo xestionando a consecución do Polígono da Barbanza

Xestionando o Polígono da Barbanza coa Conselleira de Vivenda

Con Anxo Quintana e Bieito Lobeira na Confraría de Ribeira
Na confraría de Ribeira con Anxo Quintana e Bieito Lobeira