CANDIDATURA:
Neste reto, no que dende o BNG aspiramos a liderar o cambio que seguro que se vai dar en Ribeira no vindeiro mes de maio, acompáñame un extraordinario equipo. Unha candidatura paritaria, cremalleira de principio a fin, formada por 14 mulleres e 14 homes con moitas gañas de traballar por Ribeira e para que Ribeira avance.
Trátase dun equipo preparado, competente, coñecedor da nosa realidade, con representantes de todas as parroquias nos primeiros postos. Mesmo non quixemos que faltara representación da Ribeira da diáspora.
Estou segura de que con este equipo acadaremos a confianza da xente de Ribeira. A cidadanía vai a darnos o seu apoio para liderar o cambio que se ten que producir o 27 de maio. Como diría Castelao: “Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós”.
Estes son, xunto conmigo, as 28 persoas que compoñen a candidatura do BNG de Ribeira:
2.-Xosé Luís Groveiro, membro do Consello Comarcal do BNG, responsábel local de
Organización do BNG de Ribeira, Biólogo, Profesor, de Artes. |
3.- Ana Álvarez Becerra, Concelleira, membro do Consello Local e Comarcal do BNG, licenciada en Psicoloxía, Orientadora, de Ribeira. |
4.- Luís Teira Parada, membro do Consello Local do BNG, licenciado en Psicopedagoxía, Pedagogo Terapéutico, Presidente da Asociación Cultural Altofalante, Secretario da Confraría da Dorna, Vicepresidente da AA.VV. de Abesadas e Cubeliños, de Ribeira. |
5.- Ánxeles González Crujeiras, membro do Consello Local e Comarcal, Enxeñeira Ténica Forestal, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laboráis, Técnica Especialista en Análise Química, Auditora Forestal, Secretaria Asociacion Afectados polo Parque Dunar, Vicepresidenta da Asociación Cultural Altofalante, de Carreira. |
6.- Francisco Ayaso Bretal, membro do Consello Local, Técnico Especialista de FP, Fontanero, Vicepresidente da Comunidade de Montes de Oleiros, de Oleiros. |
7.- Mercedes Blanco Vidal, membro do Consello Local, licenciada en Dereito, traballadora de banca, Secretaria da Asociación Recta de Artes-Olveira, de Olveira. |
8.- Cipriano Lampón Agrelo, Técnico Especialista Informático, empresario de comercio, de Aguiño. |
9.- Mª Carmen Paz Betanzos, traballadora da conserva, de Palmeira. |
10.- Moncho Pouso Pouso, membro do Consello Local, Motorista, membro da Xunta Xeral e do Cabildo da confraría de Ribeira, da Ameixida, Castiñeiras. |
11.- Silvia Varela Rodríguez, membro do Consello Local e Comarcal, licenciada en Dereito, Asesora Xurídica, de Ribeira |
12.- Xosé Alberte Lorenzo Álvarez, Responsábel Local e membro do Consello Comarcal, Biólogo, Profesor, Director de instituto, de Oleiros. |
13.- Dores Vidal Peón, membro do Consello Local e Comarcal, Técnica Especialista en Turismo, estudios de Filoloxía Inglesa, axente de viaxes, de Ribeira. |
14.- Manoel Santos Díaz, Biólogo, Escritor, de Corrubedo. |
15.- Anxeles González Sabarís, Administrativa, de Aguiño. |
16.- Antón Parada Fernández, membro do Consello Local e Comarcal do BNG, Profesor, do Touro. |
17.- Encarna Lago Sampedro, Axente Comercial, de Palmeira. |
18.- Xosé Antonio Vázquez Cobas, Vicerresponsabel Local do BNG, licenciado en Historia, funcionario, de Carreira. |
19.- Carmen Lampón Agrelo, Mestra, de Aguiño. |
20.- Gustavo Fernández Sousa, emigrante retornado, xefe de estivadores xubilado, de Corrubedo. |
21.- Marta Varela Rodríguez, concelleira, membro do Consello Local, licenciada en Dereito, Asesora Xurídica. |
SUPLENTES:
22.- Xavier Seco González, licenciado en Humanidades, Deseñador Gráfico, de Ribeira. |
23.- Ana Belén Sampedro Gómez, licenciada en Químicas, Técnica en Prevención de Riscos, de Deán. |
24.- Ignacio González Crugeiras, Técnico Especialista FP, de Carreira. |
25.- Marisol Ayaso Teira, colabora con varias asociacións de Aguiño. |
26.- José Albariza Prego, mariñeiro, de Corrubedo. |
27.- Mari Cruz Lorenzo Rivadulla, Enxeñeira Informática, empresaria. |
28.- Luís Fernández Axeitos, en representación da Ribeira da diáspora, é vicepresidente da Federación das Asociacións Galegas na Arxentina. |
Nova na Voz
Nova no Canal das Rías Baixas