O traballo feito


O Vicepresidente da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, Luís Fernández Axeitos, visitounos na nosa Sede.

Co Consello Local e o Vicepresidente Asociacións Galegas na Arxentina

Cos veciños e veciñas de Palmeira.
Cos veciños e veciñas de Palmeira

Demandando melloras nas Abesadas.
Cos veciños e veciñas de Abesadas

Cos veciños e veciñas de Oleiros
Cos veciños e veciñas de Oleiros

Cos veciños e veciñas de Oleiros

No Hospital da Barbanza
Con Carlos Aymerich no Hospital da Barbanza Dende a oposición fixemos un traballo moi importante. Podemos dicir que chegamos a esta cita electoral cos deberes ben feitos:

  • Estivemos e estamos coa plataforma de Corrubedo.
  • Igualmente cos veciños e veciñas de Oleiros e Olveira que demandan auga corrente e saneamento.
  • Cos de Artes para mellorar o transporte público.
  • Apoiamos aos de Palmeira para que non se puxera unha antena de telefonía móbil preto do colexio.
  • Estamos cos Areeiros e Palmeira para que a arbitraria liña de costas respecte a súa realidade.
  • Cos de Aguiño para que se incrementen o número de aparcamentos na rúa Francisco Lorenzo Mariño. Logrouse un tramo, falta completar a rúa.
  • Cos da Avda. Ferrol para rematar coa pesadilla dos cheiros que padecían. Tamén cos de Abesadas, Fondevila e Cruxeiras, Deán, Castiñeiras, Carreira, etc.
  • Demandamos a mellora transporte público, das escolas públicas, dos polideportivos e a sanidade pública especialmente no hospital da Barbanza…
  • Tivemos reunións con diversas asociacións sectoriais, do mar, empresarios, centro da construcción, comité empresa do hospital da Barbanza, coas amas de casa, coas ANPAS, ...
  • En definitiva, estivemos, estamos e estaremos sempre cos veciños e veciñas de Ribeira, é ese o meu compromiso e o do Bloque Nacionalista Galego.

    Indudablemente dende a oposición pódese facer moito traballo. Pero non deixan de ser cousas provocadas polo goberno do PP, ben pola súa mala acción ou por omisión das súas obrigas como goberno.

    A cidadanía confía en nós para resolver os problemas que ocasionan outros. Agora querémoslle pedir que dea un paso máis, que confíe en nós para gobernar Ribeira, para facer as cousas ben dende o principio. Porque é dende o goberno dende onde verdadeiramente se pode transformar a nosa realidade.

    LEMBRA: SE TÍ QUERES OUTRA RIBEIRA É POSIBEL.