Ribeira pensada para tí

Consello Local BNG Ribeira

Programa do BNG de Ribeira 07-11:

Programa de Goberno 07-11

Resumo do Programa:

Resumo Programa 07-11

Estivemos traballando na elaboración dun programa de goberno ambicioso e ilusiónante con actuacións globais tendentes a solucionar eivas importantes do noso concello. Un programa solvente que se basea nos seguintes eixos fundamentais:

  • En primeiro lugar a potenciación dos nosos sectores productivos, co obxectivo de crear emprego e riqueza e tentar atallar a emigración que tanto afecta a Ribeira e á Barbanza. Temos moitas potencialidades que temos que desenvolver:
  • -No sector do mar: é preciso dotar o peirao de Ribeira dunha nova lonxa e de puntos de atraque e outras infraestructuras necesarias, potenciando tamén o noso marisqueo e a pesca artesanal.

    -Industria: o polígono da Barbanza de 1 millón de metros ten que darlle a nosa industria o despegue que necesita. A creación de postos de traballo ten que vir tamén da creación do que nos chamábamos no noso programa electoral das pasadas eleccións municipais, “viveiro de empresas”. Consiste en incentivar a novas e novos emprendedores mediante a construcción de naves modulares por parte da Consellería de Vivenda e Solo, algo xa confirmado pola conselleira, Teresa Táboas, que serán cedidos en réxime de alugueiro con opción de compra.

    -O comercio, apoiandoo, en coordinación coa D.X. de Comercio.

    -O turismo, desenvolvendo as inmensas potencialidades que temos neste ámbito, tamén en coordinación coa DX e Turismo e coa posta en marcha do Consorcio que dende a DX se promove.

    -Apoiaremos o sector agrogandeiro e a valorización do noso monte en coordinación coa C. Medio Rural.

  • Outro dos alicerces é a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Ribeira:
  • -Con un urbanismo en expansión é preciso dotarse de mecanismos de control dos que agora carecemos. En todo caso, non nos parece de recibo que este crecemento se faga a costa de botar a nosa xente fora, especialmente a xente nova para os que os prezos das vivendas están absolutamente inalcanzables. Nese sentido, en coordinación coa Consellería de Vivenda e Solo, faremos unha importante aposta pola construcción de vivendas de promoción pública.

    -Non podemos esquecernos de centros de día e servicios para as persoas maiores, o primeiros dos cales Vicepresidencia porá a funcionar en breve.

    -A mellora da limpeza viaria, a creación de zonas verdes, e dunha Ribeira accesible a toda a cidadanía, o mantemento e melloras dos parques infantís, dotándoos tamén de mobiliario para persoas maiores, o coidado e mantemento continuado das escolas públicas e das instalacións deportivas, a mellora da biblioteca pública e dunha oferta cultural e de ocio axeitada e innovadora en todas as parroquias do noso concello, a recuperación do noso patrimonio en coordinación da Consellería de Cultura ou achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, en coordinación coa Consellería de Industria, son algunhas das nosas propostas coas que pretendemos mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ribeira.

  • O terceiro dos nosos eixes globais é a dotación de infraestructuras básicas.
  • -Circunvalación e áreas de aparcamento públicas para rematar co caos circulatorio e coa dificultade que hai en Ribeira para aparcar.

    -Matadoiro municipal, local ou comarcal. Un ano despois do seu peche aínda non hai ningunha solución, pese a ter comprometida subvención tanto dende a Deputación como da Consellería de Medio Rural, se se cumpren os requisitos correspondentes.

    -Novo mercado municipal, antes de que nos pechen o que hai. Nós comprometémonos a facer un proxecto para un mercado municipal moderno e en buscar a financiación necesaria.

    -Rematar a dotación de auga e abordar o saneamento integral do que aínda carecemos é tamén un dos obxectivos que nos marcamos.

    -Dotar a Ribeira dun centro multiúsos ou dunha estación de autobuses, é outro obxectivo a alcanzar na vindeira lexislatura.